domingo, 1 de julio de 2007

LA CORREDERA DE LOS MOSQUERONES


La Corredera de los Mosquerones, Corredoira dos Mosquerós e, se preferides mante-la inercia, a vella Cobián Roffiñac, agora unha ameaza de morte. Fotografía de Xesús López.
-

No artículo "Pactos e pautos", editado o 25.7.2007, cito as palabras "mosquerones" e "mosquerós", os paralepípedos que o concellal Mosquera de Urbanismo da pasada gobernación local introduceu en varias das nosas vías.
Producen un efecto ameazante, simulan unha muralla "nacente", elemento configurador do Gulag local, da Pontevedra referente urbanístico do BNG.Eses mosquerós ou mosqueróns foron determinantes na perda de cancha electoral do partido nacionalitarista. A primeira vez que se botou man do citado término, xa conocido en toda a cidade e fóra dela, foi no seguinte traballo de data 20.7.2006, no Diario de Pontevedra e no Xornal.com:

La Corredera de los mosquerones [20.07.06],
por Xesús López Fernández

O nome parece ter saído dun chiste de Forges, pero así é como oín decir, hai escasos días, da Cobián Roffignac de novo deseño, agora un simple carreiro polo que dificilmente pasa un autocar antre a ameaza seguida dos mosquerós. Poden algús inxenuos demandar un carril-bus, un transporte colectivo, pero eso xa non é viable. O equipo de goberno propúxose acabar co sistema viario da cidade, cerrar ou estreitar rúas, imprantar o unidireccionalismo de corredoira, etc. Coa disculpa de que estaban a facere unha cidade máis cómoda ó tempo que suprimían barreiras arquitectónicas, parece que traballaron arreo co obxetivo contrario e que os minusválidos e invidentes non o teñen agora máis fácil. E se comezaron por elimina-los bancos das prazas, prás entregaren ó gremio de hostelería, non souberon mantelas limpas. A porquería xerada polas terrazas ou os lixiviados dos camiós da vasura foron cambiando a color da mala pedra usada na “renovación” da zona, agora negra, mancha negra total.

Un dos referentes da obra mal feita nos últimos sete anos vai seguir sendo a praza da Verdura, algo do que se falou no último dos plenos, Mosquera a defende-lo que non ten defensa. E nalgús destos temas pódelle faltar pegada e programa ó PP, porque foi ese partido o que comezou coa ditosa peatonalización e que, dende a Delegación de Cultura de Pilar Rojo, non soupo frea-la actuación vandálica operada no lugar. E o modelo da desfeita urbanística foi tomando novas formas, eliminando máis bancos nas prazas, privatizando novos espacios, como se o gremio de hostelería fose unha especie de lobby que lle dictase os deberes ó Concello. Serían denunciadas novas actuaciós: os traballos en Daniel la Sota e Glorieta de Compostela, en Sagasta, Castelao e Joaquín Costa, na estrada de Vigo ou en Gutiérrez Mellado, etc. E despois do cambio de identidade da Glorieta de Concepción Arenal, mentres Riestra continúa ocupada, choída, estáse a coroa-la chapuza de Cobián Roffignac.

Eu lembro Michelena e Riestra como arterias polas que circulaban tranvías e, máis tarde, o trolebús. Transporte social, arestora imposible en Pontevedra según o concellal da cousa, porque a cidade é, da súa man, cada vez máis aldea. ¿Por qué?. Porque nas actuaciós urbanísticas levadas a cabo de forma despiadada foise limitando máis e máis o espacio ós vehículos. Os bolardos metálicos serían sustituídos en Sagasta por almeas a modo de seudomuralla que agora se concreta máis cos cubos de Mosquera, en C. Arenal, en Joaquín Costa, en Cobián Roffignac, onde xa aparecen definidos como muros, como auténticas ameazas de morte ademáis de atrancos pra minusválidos e cegos, sempre esquecidos. Éstos, que antes sabían os camiños de memoria, non precisaban doutra axuda que do seu caxato e o borde das beirarrúas, a súa principal guía. Agora están sometidos á tiranía dos cubos de pedra, ós que a xente bautizou como: mosquerones, mosqueróns ou mosquerós. O recurso do humor.

Os técnicos do “novo urbanismo” non han ser lembrados, incluso por unha excursión da Meseta que estos días parou nun hotel da vila. Camiñaban por Cobián Roffignac asombrados de tanto “mosquerón”, dos muros discontinuos que non son outra cousa que unha ofensa ás xentes e que van impedi-la cesión do paso ás ambulancias ou ó coche dos bombeiros. E unha das mulleres do grupo comunicáballe ós demáis: ¡Este es el camino que tenemos que seguir y que la María dijo que ya le llaman la Corredera de los mosquerones!, ¿Por qué mosquerones?, perguntou un dos acompañantes, ¡Por su inventor!, ¡Pues si que está enterada la María!, ¡Toma, porque lleva aquí muchos años, y ya venían padre y madre a tomar los pediluvios setembrinos!. “La Corredera de los mosquerones”, traducción profunda que parece saída dalgunha viñeta de Forges. Seguro que a María oeu “Corredoira dos mosqueróns”. E a RAE define “corredera” como sitio ou lugar destinado pra correr cabalos, ou ben paraxe apropiada pró acoso e derribo de reses. Pero os muros paralelos da “corredera” son evidentes. Poden crecer como o de Berlín no que semella un proceso de “dereitización” sen fin, ademáis de seren tamén causa previsible de mortes. Accidentes xa houbo. Varios.


No hay comentarios: