martes, 31 de agosto de 2010

ESPAÑA COMO MARCA

Zapatero viaxou a China e Xapón coa copa que España gañou no mundial, algo no que non parecía creer, según o caricaturista. E resulta que agora leva o trofeo pra ver de levantare a economía española, mentres o país parece cada vez máis afundido, máis derrotado, máis entregado ós nacionalismos e, incluso, ó Islam. O día anterior á final do mundial, Montilla montou a manifestación contra o Estatut, enchendo Barcelona de senyeras portadas por xentes chegadas de toda Cataluña, en 600 autobuses. O día do partido, cuia retransmisión en pantallas xigantes intentaron prohibir no feudo de Montilla, as rúas de Barcelona foron ocupadas por xentes que portaban, desta volta, a bandeira española. Españoles saídos do armario, ós que ZP lle gustaría silenciar. O seu medo escénico está ben reflexado no chiste. ¿E agora qué quere? Venderlle a copa ós chinos? Co Islam pódese chegar a un sistema de tarifas, de aranceles, según apuntaba Esteban, que retrataba así, en La Razón, a política abandonista de Rubalcaba.
Pontevedra, 31.08.2010
-
Entrada n. 1283 do blog
-
ESPAÑA COMO MARCA,
por Xesús López Fernández
-
Desacreditado o país, denunciada a política abandonista do Goberno en relación con Melilla e Ceuta, ese abandono redóblase ante acontecementos como o da malleira recibida por catorce activistas canarios que se pronunciaron hai uns días a favor da independencia do ex-Sahara español, abandonado cando foi da marcha verde. Que o ministerio español de Asuntos Exteriores asuma como boas as explicaciós de que non houbo malos tratos é de vergonza. Na fotografía anterior son visibles as feridas sofridas polos activistas. Parece ser que os marroquís poden mallar nas nosas mulleres, aínda que sexan policías de fronteira, como sabemos pasou cando os acontecementos de Melilla.
-
España como ideal parece abandonada polo goberno actual; como marca podería vender, pero dunha ou doutra forma, fabricantes de paro, permisivos co aborto, favorecedores do independentismo dos taifas, este goberno só pode ofrecer unha marca depreciada que están dispostos a entregare, tamén, ós seus amigos da "alianza da civilizaciós", do malparto mental de ZP.
-
Sobre estas cousas van algús dos chistes que siguen, porque os humoristas teñen unha capacidade de síntesis da que poden carecer, incluso, os periodistas.
Os presuntos amigos de ZP tecen fantasías oníricas, pensan na recuperación de Al-Ándalus, co PER como novo logro, que sen eso non lles interesa. Seguro.
A embaixada de ZP xa constatou, según Esteban en La Razón, que a marca España véndena os chinos moito máis barata, pola décima parte do valor aquí estimado.
Desprovistos de ideoloxía, os partidos do futuro, según Caín en La Razón, van sustituí-los militantes por accionistas. De seu, xa está pasando así. Moitos deses accionistas están a invertiren noutros países, en mansiós de luxo. Moito dá a política!
A Al-Qaeda subvencionada co diñeiro dos rescates de cooperantes insiste en ocupa-lo Ándalus. É máis, queren roubarlle a idea da "alianza" a ZP. (Caín en La Razón)
Caín, en La Razón. Subsahariáns en pateira, ¿rumbo Melilla, España? ¿Rumbo Andalucía? ¿Son grupos invasores?. Podémolo ver así.
A ausencia omnipresente de políticos e políticas queda tamén retratada por Caín, en La Razón. Parece especialmente pensado pra ZP, Moratinos, Aído ou "Fdez. de la Vogue".
Caín, en La Razón, no que parece un recado pra Garzón, pra unha posible rexeneración do país, imposible sen unha Xusticia independente.
-
Enlaces varios:
-

viernes, 27 de agosto de 2010

ZAPATERO, PERSOAXE TÓXICO

ZP e o Rei están a rir. A foto ilustra unha noticia de diversos medios en relación coa visita do presidente ó Xefe do Estado pra lle informare da investigación do atentado de Afganistán, que o Goberno non define como guerra. (El País, 27.08.2010: Zapatero trata co Rei do atentado e da Axenda de economía.Contén video)
-
Pontevedra, 27.08.2010
-
Entrada n. 1282 do blog
-
ZAPATERO, PERSOAXE TÓXICO,
por Xesús López Fernández
-
O desgaste gubernamental está claro. O periódico The Economist define a Zapatero como un persoaxe tóxico, e supón que vai dimitir antes das elecciós. Por outra banda, o xornal indica como comenente o relevo de Rajoy. Incluso chega decir que as próximas elecciós poderá gañalas aquel partido que cambie o seu candidato, apuntando que o propio PP debe facelo e que o único consolo que tería ZP sería a compaña como contrincante de Rajoy. O periódico informa que parece ser que a maioría dos españoles están cansos de ZP e que, no seu partido, só un tercio dos socialistas apoiarían que se presentase novamente como candidato.
-
Gobernar pra xerar paro, promover abortos, fracasar na educación, inventa-lo subterfuxio de que si os parados non traballan é porque non queren, non lle poñer coto á corrupción que pouco a pouco vai enzudrando todo o país son probas evidentes de que, como di The Economist, temos un presidente tóxico, que pudre canto toca.
-
Falemos novamente do Afganistán, guerra que ZP tampouco aclara, aínda tratándose dun conflicto que a cidadanía difícilmente pode entender. E o ZP que bradou ata golsar pra sacare ás tropas españolas do Irak, escúdase agora nos compromisos adquiridos coa OTAN pra enviar españoles á morte (95 de momento) que nalgús casos parecen estare indefensos nas misiós que lles encomendan. Si ben é certo que recibeu os restos dos guardas civís e o intérprete chegados onte a Torrejón, tamén o é que escurreu o bulto pra non asistire ós funerales dos guardas civís en Logroño. E a súa frase de que os axentes da Benemérita morreron en acto de servicio foi definida por algún antiguo alto mando do Exército como vileza.
-
Enlaces:
-
-
-

jueves, 26 de agosto de 2010

O GOBERNO CLAUDICA

Vaian como introducción dous chistes de La Razón: No de Montoro analízase a dialéctica demagóxica do señor Rubalcaba; no que sigue.... Rubalcaba volve ser protagonista no imaxinario de Esteban. ¿Hai tarifas antre Al Qaeda e o Goberno de ZP?. Que cada quen pense....
Os cooperadores da ONG cataláa están liberados. O rescate costounos 8 millós de euros, ademáis da liberación do secuestrador talibán que aparece coeles na foto. Dous días despois, Al Qaeda matou a dous guardas civís en Afganistán. E van 92 mortos na guerra que, según o Goberno español, non é guerra. O asesino, un talibán que recibía instrucciós dos españoles.
O chapiri dos lexionarios, un dos seus símbolos identitarios, acaba de ser suprimido.
-
Pontevedra, 26.08.2010
-
Entrada n. 1281
-
O GOBERNO CLAUDICA,
por Xesús López Fernández
-
Ausente o Goberno na agresión de Melilla, acobillado nun pacifismo necio; ocupada a terra de nadie, uns 4,5 km2 da terra de nadie fronteiriza, despois de producida a visita de Rubalcaba a Rabat (non ás forzas da policía ou guarda civil) e das súas pouco convincentes declaraciós), deixemos aquí constancia do manifestado nalgús medios e blogs, que constitúen unha voz con cada volta máis peso, desarmado moralmente o noso Goberno.
-
Enlaces:

miércoles, 25 de agosto de 2010

AS CAMPÁAS DE SANTIAGO

Detalle da fonte dos cabalos, coa catedral de Santiago ó fondo. (foto persoal)
-
Pontevedra, 25.08.2010
-
Entrada n. 1280
-
AS CAMPÁAS DE SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
A historia conta que cando Almanzor chegou a Santiago, o arraso culminou co roubo das portas e dos sinos, das campáas da catedral, que foron portadas a hombros de cristiáns prisioeiros. Tere conta moi polo míudo no seu blog, o expolio ordeado por Almanzor; tamén o papel de San Pedro de Mezonzo (¿?), o seu aviso ás xentes pra que fuxiran ós montes. E conta tamén de cómo o cabalo de Almanzor morreu ó beber nunha fonte que se correspondería coa actual e tantas veces fotografiada "fonte dos cabalos, dos cabaliños de pedra".
-
Sigue o enlace de "El blog de Tere" que fai alusión á conquista de Almanzor e ás súas campañas, así como ó poder que chegou acadar no emirato de Córdoba. O enlace contén varios vídeos.
-

martes, 24 de agosto de 2010

AVISOS PRÓ ALCALDE DE SAN FERNANDO

Lores aínda debe estar contento polo malparto da "fonte dos nenos", sobredimensionada no espacio que ocupa, por onde converxía unha das arterias da cidade de Pontevedra, ademais do Camiño de Santiago. Coido que en Andalucía (tiven ocasión de ver e fotografiar non poucas fontes de Granada), o alcalde de San Fernando terá ocasión de comprobar un tratamento máis digno dos espacios que non a horteirada de fonte qu´o alcalde de Pontevedra parece mostrarlle cunha estúpida risada.
Coido que o alcalde de San Fernando non terá visitado o inferno da praza da Verdura, que xa non é praza nen espacio peatonal; simplemente un largo privatizado no que non se respeta a normativa de veladores, como se mostra, sobre todo, na foto seguinte. (Foto de Xesús López)
A normativa de veladores prevé que nos soportales, espacio público, debe quedar como mínimo unha franxa dun metro d´ancho pra poder pasare. Non se respeta o dereito cidadán ó libre paso, que parece teñen máis garantizado, pola cañada real, en Madrid, as ovellas da trashumancia. Nesta foto apréciase a suciedade, o cotrán sempre a inzar, a consecuencia dunha peatonalización de mentiras e da ausencia de limpieza. Aviso importante: ¡Hai moscas!. (Foto de Xesús López)
-
Pontevedra, 24.08.2010
-
Entrada n. 1279 do blog
-
AVISOS PRÓ ALCALDE DE SAN FERNANDO,
por Xesús López Fernández
-
Pensé en convertir este post nunha carta aberta ó alcalde de San Fernando, que onte nos sorprendeu cunha visita pra ver de levare ideas prá peatonalización que tamén comezan a imprantare na súa cidade. Coido que o home se equivocou; que si oeu falare de peatonalización, humanización, supresión de barreiras arquitectónicas na nosa cidade, déronlle mal o recado. Esas palabras corresponden ó cambio de uso das mesmas propio dunha gobernación estalinista, como a que aquí sofrimos. Decir que a xente "vive la calle, porque lleva bolsas", é unha carallada. Moitas veces acontece porque a un cóstalle traballo circular en taxi ou que lle sirvan o butano.
-
Neste blog, referenciadas como "Gulag", hai non poucas entradas nas que se informa dos disparates que se levan feito en Pontevedra, de cómo se fracturou a súa harmonía, de cómo a xente xa case non resiste na zona vella, onde o número de vivendas deshabitadas vai a máis cada día.
-
Foi unha pena qu´o alcalde fernandino non se procurara unha información cabal, porque o certo é que estamos vivindo na pura ruína. O modelo do "todo-tasca" sóo sirveu prá degradación e crecente suciedade da cidade, pra que en circunstancias de temperatura alta, cando se achegan as xentes de fóra ós circos nos que convertiron as vellas prazas da cidade, das que xa non disfrutan os residentes, agredidos éstos no seu descanso: ruído crecente, un verdadeiro achanzamento de morada. Puideron terlle contado as cousas así ó visitante, e que incluso morre o Mercado de Abastos ou de cómo van gastar 150 millós das antiguas pesetas na supresión das farolas fernandinas da Ferrería pra sustituílas pola nova luminaria a base de "torpedos-supositorios", as lámparas nas que o visitante non sei se terá reparado. ¡Quén sabe! ¡Ó mellor ata o puxeron en contacto con Setga e pode que, dese xeito, a empresa comece un período de franca exportación!.
-
Señor alcalde de San Fernando: Se quere informarse, por medio de Google clique en "Gulag, Pontevedra, o blog de xesús lópez", ou no blog de Don Filiberto e outros relacionados, que algunha noticia vai encontrar que non se corresponde cos contos que lle terán contado no Consistorio pontevedrés.
-
Enlaces:
-
-

viernes, 20 de agosto de 2010

A TRIACA DO ROXERÍO POLA VISITA DE AZNAR

A estulticia de ZP queda reflexada no chiste de Mingote, no ABC do 20.80.2010. (clicade pra ve-lo texto agrandado).
Á vista desta foto, tomada do blog de Natalia Pastor, diríase que ZP perdeu a dignidade. ¿Terá que se humillar tamén o rei Juan Carlos ante o mesmo mapa na prevista visita a Rabat, a raiz dos acontecementos de Melilla?
-
Pontevedra, 20.08.2010
-
Entrada n. 1278 do blog
-
A TRIACA DO ROXERÍO POLA VISITA DE AZNAR,
por Xesús López Fernández
-
Co Goberno ausente, sen ministro de Asuntos Exteriores activo, cun ministro do Interior igualmente "missing", as acusaciós de Pepiño Blanco de deslealtade de Aznar co Goberno deberon provocar máis risas que outra cousa nunha sociedade que espera que o Goberno goberne. A visita foi oportuna, oportunísima, a visita dun cidadán español a título particular, que pode ter diversas lecturas, especialmente se o PP entende que o seu antiguo xefe lles está a dar ideas pra un posible caderno de bitácora.
-
Numerosos comentaristas valoraron como certeiro o xesto de Aznar, especie de contrabalance da impotencia gubernamental. Sí houbo non poucos medios que se dedicaron a insultare ó ex-presidente, pero unha lectura acougada dalgús deles mostra claramente o efecto de triaca, si se quer de triaca dos porcos, de diarrea (como recolle La Gaceta na noticia do enlace primeiro), orixinada a consecuencia da visita do ex-presidente, acollido con simpatía.
-
-
-

jueves, 19 de agosto de 2010

AS TROLAS DE PEPIÑO BLANCO

Parece que o novo orde mundial do que fala Montoro en La Razón, 18.08.2010, pasa desapercibido en Marrocos e mais no PSOE que sigue tragando e transferindo cartos ó citado país, según o propio Montoro ratifica con data 19.08.2010, no mesmo periódico.
-
Pontevedra, 19.08.2010
-
Entrada n. 1277 do blog
-
AS TROLAS DE PEPIÑO BLANCO,
por Xesús López Fernández
-
A visita de Aznar a Melilla púxoos a todos nerviosos. A acusación de Pepiño Blanco de deslealtade, así como de que Aznar non tiña antes visitado esa cidade española, quedou xa dinamitada, pois Aznar sí visitou Melilla no 2000 e no 2004; tamén Suárez no ano 1981. Nengún outro cursou esa visita; nen Felipe González ó longo do seu "reinado" de catorce anos. Curiosamente, agora reside en Marrocos.
-
A teima protagonista de Pepiño Blanco lévao a falare incluso de incremento fiscal, de nos aburare máis aínda ós cidadáns. Sobre esto falaremos en breve. Agora siguen uns enlaces sobre os comentarios provocados pola visita de Aznar.
-
Citemos, si acaso, que os marroquís anoxan ás mulleres policías españolas. Pero é que ademais resulta que a maior demanda pra entrare no corpo de Policía, en Melilla, procede das mulleres musulmáas. I éso, o sátrapa que acaba de recibi-lo millón de euros do goberno de ZP, non-o pode consentir.
-
Enlaces:
-
-
-

miércoles, 18 de agosto de 2010

MELILLA, CEUTA E MARROCOS

Aznar, en Melilla, firma no libro de honor da cidade.
Un baño de multitude foi testigo da presencia de Aznar. Os melillenses, como sabemos séntense desprotexidos polo Goberno de ZP, que acaba de lle bombear un millón de euros a Marrocos.
As fotografías presentadas, todas do ABC, evidencian o acerto do ex-presidente e que no PP teñen un referente claro no señor Aznar. Tamén foi oportuna a visita de González Pons.
Un Aznar próximo á xente nesta visita a Melilla.
Unha fotografía persoal da costa africáa, dende Tarifa, o pasado mes de abril. O sátrapa que goberna Marrocos pensa que Melilla, Ceuta, as Canarias e a Andalucía toda, son terreos da súa pertencia, e así elaboran os seus mapas, sen que lle importe a certos socialistas. Os inmigrantes chegados daquel país parecen correspondere a plan preconcebido da islamización crecente do noso país, evidente xa en cidades cataláas.
-
Pontevedra, 18.08.2010
-
Entrada n. 1276 do blog
-
MELILLA, CEUTA E MARROCOS,
por Xesús López Fernández
-
Nen Melilla nen Ceuta foron nunca parte do estado marroquí. Se ben foron, sí, parte do emirato cordobés, pasarían, coa fin da reconquista a formare parte d´España. As tensiós últimamente producidas a causa do bloqueo de suministros que está sofrindo a cidade española, non están a obte-la pertinente resposta por parte do Goberno español, que parece ausente, sen presidente nen ministro de Asuntos Exteriores, afogado coa famosa "alianza de civilizaciós".
-
Pra unha maior información van diversos enlaces con noticias, así como aclaraciós en relación coa realidade histórica da hispanidade d´ambas cidades.
-

lunes, 16 de agosto de 2010

VARIAS SOBRE O LUME FORESTAL, QUE SIGUE


Lume forestal en Galicia. Foto do ABC, 16.08.2010, que comenta a detención, no 2009, de 374 por teren queimado o monte galego. Catro de cada dez acusados quedaron en libertade. Tamén comenta o dito xornal que o 66 por cen dos lumes teñen a súa orixe na neglixencia; o 32 por cen son intencionados.
-
Pontevedra, 16.08.2010
-
Entrada n. 1275 do blog
-
VARIAS SOBRE O LUME FORESTAL, QUE SIGUE,
por Xesús López Fernández
.
Incluirei diversos enlaces de noticias que informan sobre os últimos incendios. En moitos casos, polo que se ve, existe unha clara neglixencia política, unha falta certa de vontade rexeneradora do monte galego, de poñelo en valor como soporte dunha gandería próspera ou dunha reforestación intelixente, eliminando sistemáticamente as especies pirofíticas, coas que o lume foise convertindo nunha presunta práctica constante do clúster incendiario. Sabemos, ademais (algo xa dito neste blog), que despois de queimada algunha prantación de eucaliptus téñense producido 22000 renovos de cepa por hectárea, e que ésta é unha das formas de expandi-lo eucalipto. Esa madeira tamén entra no mercado e habería que pensar se non está, nalgún punto da transmisión da mesma, o claro beneficiario do lume, posiblemente o seu causante.
-
Enlaces:
-
-
-
-

domingo, 15 de agosto de 2010

ENCE, AS DECLARACIÓS DUN MENTIREIRO

Pachi Vázquez, secretario dos socialistas galegos acaba de facer unhas declaraciós histriónicas en relación coa cuestión de Ence, que si sigue na ría é porque os políticos, todos eles, non están polo labor de defende-lo Estado de Dereito, etc.
-
Pontevedra, 15.08.2010
-
Entrada n. 1274 do blog
-
ENCE, AS DECLARACIÓS DUN MENTIREIRO,
por Xesús López Fernández
-
Pachi Vázquez acaba de facere unhas declaraciós en relación coa posible liberación das marismas de Lourizán: que xa pasou o tempo de consegui-la retirada de Ence por medio dunha compensación económica. Outro máis instalado na mentira, desacreditado o seu partido despois da campaña electoral de Touriño e de catro anos de gobernación en mancomún co BNG. Agora parece que tamén se lle pasou o arroz a Alberto Núñez Feijóo. Vamos, que nengún dos tres partidos con protagonismo en Galicia quere outra cousa que o discurso falaz do falso ecoloxismo; que presuntamente hai unha clara dependencia dos capos á hora de gobernar.
-
Lembremos que Ence xa non ten concesión, presuntamente perdida no momento da privatización da sociedade e a transferencia de máis do 50% do capital, sen ter negociado o tema da concesión. Que Vázquez diga que ten a impresión de que polas boas Ence non se vai ir da ría é verdade. Pero se non se vai e porque os políticos, obendentes ós clústers, non-a botan, Bloque incluído, que tamén quere o solar.
-
Como éste é un tema xa reiterado neste blog, inclúo desta volta o enlace do Faro de Vigo, coas declaraciós do citado político, e que cada quen xuzgue:
-

sábado, 14 de agosto de 2010

RECUPERAR ÓS NOVOS

Unha nena ante a Natureza, en Anento, Aragón.
-
Pontevedra, 14.08.2010
-
Entrda n. 1273 do blog
-
RECUPERAR ÓS NOVOS,
por Xesús López Fernández
-
Ó mundo vaille como lle vai porque fomos deixando de lado o capital natural. A entrada anterior, sobre o lume en Galicia, un lume programado dende hai anos, vai sobre esa idea central: o abandono do capital natural como factor de exterminio das aldeas, da terra toda..
-
Comunidades menores están emprendendo o camiño de volta, o retorno á terra nutricia. E sobre esa idea vai o seguinte enlace de iberica2000.org, con diversa e interesantísima información relacionada.
-

SOBRE O LUME COMO AGRESIÓN Ó PAÍS

Lume en Fornelos de Montes, suponse que provocado. Dous brigadistas mortos, balance tráxico, ademais das cuantiosas perdas.
-
Pontevedra, 14.08.2010
-
Entrada n. 1272 do blog
-
SOBRE O LUME COMO AGRESIÓN Ó PAÍS,
por Xesús López Fernández
-
Europa Press comunica que o informe elaborado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que vai ser remitido este próximo luns ó Xuzgado de Instrucción n. 2 de Redondela, conclúe que o lume que acabou coa vida de dous brigadistas do concello de Fornelos de Montes orixinouse en tres focos distintas, e con ignición simple, o que apunta a que se trata dun incencio intencionado e criminal. En roda de prensa os conselleiros de Medio Rural e Presidencia, Samuel Juárez e Alfonso Rueda, respectivamente, ofreceron os datos do documento elaborado pola Xunta, que confirma que o desencadeante foi o súpeto cambio do vento e defenderon en todo momento a preparación dos brigadistas e a dotación de medios do Goberno galego, así como volveron reclamar colaboración cidadáa e que se redoblen os esforzos de tóda-las instituciós pra acabare coa actividade incendiaria. E un xamón, porque as instituciòs pouco ou nada levan feito máis alá de primaren o abandono do campo, subvencionando a prantación de eucaliptus, auténticas teas incendiarias, agresión permanente ó país.
-
Á marxe dos enlaces que se fagan figurar á fin do post, sí queremos traer aquí unhas declaraciós do conselleiro do Medio Rural, inadmisibles, no sentido de que sería prohibitivo controla-la limpeza de todo o monte de Galicia. (Faro de Vigo, 14.08.2010, declaraciós de Samuel Juárez). Non, eso non é imposible. A solución vai por outro carreiro e non vai ser posible mentres non se cambie de política forestal, primando a recuperación das autóctonas, e a recuperación, tamén, do capital natural, porque mentres os montes galegos tiveron outros usos (pasto de avenza e armentío ou cabalar), animales rozadores en definitiva, o monte, Galicia enteira estaba máis limpa.
-
Digamos que foi a repoboación irracional a base de pirofíticas, eucaliptus e pino radiata, como agresión ó país, a gran causa da perda de capital natural da nosa terra, comezando coa emigración forzada de tantos dos nosos homes, cuia máis alta cifra coincideu coa necia repoboación. O interesado pode consultar un post deste blog, destos días atrás, sobre a trama incendiaria, que contén un conto longo, A Gran Cacharela, no que se analizan moitos dos aspectos, presuntas culpas incluídas, dos lumes do ano 1989, dos que foron un calco os do 2006. E xa están os montes de novo dispostos a outra gran luminaria. Pero nengún partido ten autoridade moral pra falar do que hai que facer, a excepción do PP do 1990, sendo conselleiro Romay Beccaría. Pero, insisto, falta o cambio en profundidade pra rexenerare os nosos montes, darlle nova vida ás aldeas, potencia-la recuperación do capital natural. En fin, acabar coa agresión ó país.
-
Enlaces:
-
-
-

viernes, 13 de agosto de 2010

TAMÉN ELES FAN A PEREGRINA 2010

Tamén eles fan a Peregrina, disfrazados ou non. (Foto de noticia de La Voz).
O pazo de Mugartegui, na Pedreira, coberto de confetti, que un pode maxinar tamén como arroz por unha saída masiva do armario de xentes do colectivo gay, ó tempo de celebraren os seus "esponsorios". ¿Dantes, tomantes? A carroza ante o santuario da Peregrina. A banda de música, na praza da Peregrina.

O pregoeiro das festas, García Cota, fixo unha sentida semblanza na arrancada das festas. Con el aparecen, na foto de La Voz de Galicia, os que pulan pola alcaldía de Pontevedra. Están ausentes os que poderían aportaren unha mensaxe de real rexeneracionismo, porque ós presentes xa se lles pasou o arroz. Pra eles todo se volve un equilibrio non axustado de promesas, de mentiras, aínda que algún, como Lores, amagase no antroido da presentación do pregoeiro, médico da selección española campeona de Sudáfrica, co-esa mensaxe, como se o alcalde, que coido falou da selección nacional quixese sair do armario, como tantísimo español, incluso en Cataluña, con motivo do éxito da selección. Pero Lores non engaña a nadie, que esta cidade lembra que se por el fose non se tería instalado na praza da Ferrería a gran pantalla prá retransmisión da final do campeonato. A súa frase da Pedreira, coa boca pequena, foi entendida como mentira por algús d´antre o público que levantaron a súa voz, como tamén cando comezou o seu discurso en galegués: "¡Non escaralléde-lo idioma!".

---
Pontevedra, 14.08.2010
-
Entrada n. 1271 do blog
-
TAMÉN ELES FAN A PEREGRINA 2010,
por Xesús López Fernández
-
As fotografías incluídas neste post evidencian o ambiente festivo do día da arrancada das festas. Non se entende a presencia de Lores se despois non interveu na ofrenda á Peregrina, ausencia permanente do alcalde nos anos que levamos de goberno estalinista. O seu papel, máis ben, conecta có do persoaxe presente na primeira das fotografías, que tamén fai a festa, as Peregrinas como lle gusta decir ó alcalde Lores.
-
Enlace: La Voz de Galicia, 8.08.2010: Pontevedra entrégase á festa.
-
-
La Voz de Galicia: Tamén eles fan a Peregrina, 13.08.2010


miércoles, 11 de agosto de 2010

DESPOIS DE GRECIA VAN IR ESPAÑA E PORTUGAL

Niño Becerra, imaxe tomada do blog de iberica2000.org
-
Pontevedra, 11.08.2010
-
Entrada n. 1270 do blog
-
DESPOIS DE GRECIA VAN IR ESPAÑA E PORTUGAL,
Noticias de iberica2000.org
Entrevista a Niño Becerra
-
"Non hai que poñer en marcha medidas ata que as mentiras saian á luz.
Os que creían que o peor da crisis tiña pasado e aqueles que anuncian que a recuperación xa dou encetado confúndense". Ou minten.
-
O enlace que sigue contén información importante e numerosos enlaces relacionados e videos que é comenente consultar:
-

martes, 10 de agosto de 2010

DE TRAMAS INCENDIARIAS

Un helicóptero intervén no control do lume no parque do Xurés. Medio Rural dá por extinguido o lume. A Fiscalía desbota a idea de posibles tramas. O ABC estima que un 70% dos incendios son provocados. (Foto de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 9.08.2010
-
Entrada n. 1269 do blog
-
DE TRAMAS INCENDIARIAS,
por Xesús López Fernández
-
¿Hai tramas incendiarios ou non? Non se pode desbotar esa idea, porque a propia e irracional prantación de eucaliptus na nosa terra, por decreto, podería estar na raíz dos lumes tantas veces reiterados, sendo especialmente graves os acontecidos nos anos 1989 (cando gobernaba o tripartito) e no ano 2006 (gobernando o bipartito). Como sobre este asunto levo tratado en non poucas ocasiós, quero incluir, desta volta, un conto inspirado no lume do 1989, continuación doutro titulado "Historia dun reencontro", xa inserido no blog.


1989. A GRAN CACHARELA
I
Amandio era home devoto do tema forestal. A visita a Debesa, o home que escollera o monte; a visión real daquel bosco xa impensable na nosa terra e que o seu amigo coidaba coa colaboración --¿?-- decidida dos lobos que vivían ó seu abeiro...Aquela visión deixárao mudo de asombro... Aquel mundo de frondosas, sen outro lume que o dos ollos do rei da fraga ou das lareiras nos cavorcos, ou o lume civilizado que axudou ó longo de séculos a mante-la terra libre de broza cando esta non era asumida, transformada en esterco, no abono que tería de dar alento a cada nova sementeira.

Despóis da viaxe a Castrofalcoeiro, Amandio fixo outra, máis longa, esta vez a Bilbao. Na nosa terra ían xa contabilizados por riba dos oito mil incendios, a razón de máis de cen diarios nas últimas semáas. Consecuentemente, o espectáculo dos montes requeimados era ese outono aínda máis aterrador que en anos anteriores...Despois de Sanabria as cousas cambiaban e na bisbarra do Tera, -- un río que por certo nace en Pena Trevinca e dirixe o seu curso por terras de Zamora-- a partires dalí e cara Benavente, apreciábase o esforzo das xentes, o logro certo de facer unha paisaxe máis viva en base á imprantación de caducifolias en pequenos enclaves, serie intermitente de zonas boscosas...Especie de oasis no occidente do deserto cereal que o viaxeiro se dispoñía a cruzar.

A viaxe compriría término co renovado encontro cos montes vascos onde contrastaban os que eran obxeto de monocultivo forestal, pinos, co-aqueles outros onde o outono escomezaba a vestir as súas mellores galas porque a flora autóctona impoñía un cromatismo máxico e festivo, anticipo do colorido que Amandio atoparía en Bilbao, en pleno buligar electoral, onde a propaganda dos diversos partidos pulaba do interese das xentes e as bandeirolas de Herri Batasuna parecían anunciar un gran folión.

Era unha propaganda sinxela e intelixente e, nese senso, os outros grupos terían de facer un gran esforzo pra neutralizaren ós batasunos, pois semellaban estaren a anos luz da controvertida HB e que ésta tiña, ademáis, unha máis amplia e participativa base do que se quería admitir. E Amandio non daba créto daquela montaxe, daquela parafernalia propagandística en base ás mesmas colores que a flora autóctona lle amostrara nada máis tocar terra vasca.

¡Qué diferencia con Galicia, onde o outono estaba deixando de sé-la estación dos contrastes máxicos.! A súa vexetación, cada vez máis uniforme, viñera conformar unha paisaxe día a día menos entrañable, polo menos na Galicia da costa, consecuencia de anos de política forestal irracional. Porque os políticos, máis alá da razón científica, foran e seguían a se-los culpables da situación creada, actuando como mandados de extraños poderes. E dende a súa irracionalidade e prepotencia estabase a acabar coas terras de labor e a prima-lo cultivo do eucaliptu, principal protagonista dos novos boscos.

¿E non estaría ese protagonismo da árbore australiana a condiciona-lo absentismo dos homes, a deshumanización da paisaxe, a morte das aldeas..? ¿E por qué non..?.Porque os homes non deixaban de seren vertebrados e a súa conducta podería sé-la resposta ó avance dos eucaliptus. Os vertebrados desaparecían do eucaliptal. Os homes emigraban. I ese absentismo, ese retirarse do marco xeográfico, podería ser tamén razón profunda do pasotismo crecente en sectores concretos da nosa sociedade...Non parecía fóra de lugar a idea de Amandio de que ó deixar de sé-la paisaxe a resultante do encontro do home coa natureza pra se convertir en algo hostíl --decretado polos violadores do mundo-- a conducta social como un todo sofría.

Por eso había unha falta de pulso real nas iniciativas da cidadanía, en clara retirada, sen estar disposta a asumi-lo protagonismo que cada momento histórico demandaba. Esa atonía traducírase, na nosa terra, nunha falta de participación crecente incluso nos diversos eventos políticos da cacarexada alborada democrática que decían estabamos a vivir. E os comicios agora convocados pró 29 de outono non semellaban estaren a motivar unha maior intención de voto por parte do pobo.

Indubidablemente, era moito apura-lo argumento por parte de Amandio e quezáis debería reorienta-lo seu discurso mental de forma non tan simple. Unha palabra, autoodio, e as súas claves, explicaba todo de xeito simple. Pero un feito sí era certo i é que a nova paisaxe e a sociedade pasota eran contemporáneas e, se non se daba unha influencia certa antre ambas sí que eran froito dunha mesma política alienante, que parecía deseñada por profanadores de santuarios na medida en que o divorcio da natureza ven representar unha certa forma de desacralización.

Os vascos, por outra banda, tiñan controlado o lume porque, polo que Amandio puido ver, alí non ardía un monte naquel outono 89... Parecía outro mundo, un mundo distinto.Polo menos, a súa realidade non era a nosa realidade porque, xa de retorno na terra, Amandio, metido na noite, descobriría indignado que os incendiarios estaban a seguiren adiante coa súa política de terra calcinada. Era o quince de outubro, domingo, o mesmo día pró que se anunciara a manifestación convocada por diversos alcaldes e partidos políticos en contra do terrorismo forestal incendiario....E Amandio, que non puidera acodir á mesma como consecuencia da súa viaxe, aterrizaba de novo no tema, sobre do que a radio estaba a dar noticias...A manifestación, convocada con présas e mal organizada, fora pouco concurrida. E a resposta, claro, eran aqueles novos incendios que os terroristas seguían a provocar con total impunidade. A radio informaba.

--Dentro do escaso éxito da manifestación de protesta --decía o locutor-- hai que valora-la adhesión de tódo-los partidos a excepción do PSOE, ausente..

Na súa acostumada prepotencia nen se dignaran disculpa-la súa non comparecencia.

--Cando lles convén calar, calan --dixo a muller de Amandio--. ¡Moito falar das súas realizaciós, de que se comeron o mundo nestes dous anos..!
--Sí, "cumprindo obxectivos". Habería que se perguntar se os oito mil incendios non estarían igualmente no presuposto dos "obxectivos" de alguén. I ese alguén, certamente, non precisa doutra publicidade que a do fogo. Indubidablemente, está "cumprindo obxectivos". --terciou Amandio--

Fora un longo vran no que, día a día, se estableceran novos records. O lume escomezaba case sempre de forma súpeta, espallado en diversos focos. Cando os veciños se apercibían da magnitude do incendio, o souto todo, a carballeira toda, eran unha gran cacharela e todo esforzo resultaría xa inútil...Incendios tráxicos nos que, ás veces, había grandes queimados, homes ou nenos que quedarían marcados pró resto das súas vidas...A prensa salientaba de vez en cando --porque moitas veces non decía nada-- a loita heroica dalgunha aldea --os vellos e mai-los nenos-- por seguir existindo, porque os terroristas incendiarios, como no Brasil, había algún tempo que prescindiran da fronteira que hai antre a vida vexetal e mái-la vida humá. E aqueles homes e mulleres do rural loitaran ó longo do verán e seguían loitando esa noite do quince de outubro...

Semellaba que os terroristas tiñan a consigna de queimar fragas e aldeas, de deshumanizar aínda máis a nosa xeografía e que por aí ía a filosofía da nova política forestal, unha política certamente despiadada, sen moral...¡Qué importa que na Comunidade Europea se estivera a falar dun futuro económico distinto, da "Europa verde", se pra Galicia,a esquina verde do Estado español, estaban a deseñar unha política económica en claro divorcio cos intereses do noso país! ¡I estabase a facer con total desprecio das vidas e das facendas do rural, como vai dito...!

Prós labregos, certamente, tampouco existía fronteira definida antre a vida das árbores a mái-la súa propia. I eran conscentes de que a vida vexetal e mái-la súa dábanse un apoio mútuo, eran unha mesma cousa. E había que salva-lo monte porque así salvábase a aldea, e había que facelo cos medios rústicos de que dispoñían: fouces mangadas, ramallos, auga se había, porque os equipos de bombeiros non daban atendido. Non tiñan estructura nen medios pra atenderen a tanta chamada, ó S.O.S. contínuo do noso rural diante do pasotismo gobernante ou da inutilidade das medidas policíacas...Ou, o que é máis grave, da insolidaridade da sociedade galega que aquel quince de outono non soupo converte-la manifestación contra do lume forestal nunha ferramenta de decisión popular.

A actuación das forzas de seguridade trouxera como consecuencia a detención dun mingoado número de pirómanos. Uns vinte, cuio nome nunca ou case nunca chegara a trascender. Ás poucas horas os pirómanos estaban en liberdade...É decir, o sistema xudicial non tiña, decíase, o apoio legal necesario pra actuar cunha maior forza.... Repetíase, unha vez máis, a historia de todo-los anos, con diversas diferencias de matiz.

Unha desas diferencias estaba no uso xeneralizado da verba "pirómano" cada vez que se daba a nova dunha detención.¿Por qué non se falaba de terrorista ou de incendiario? Porque o pirómano é o home que leva dentro de sí a malsana idea de lle poñer lume a canto lle rodea. Disfruta co lume, como se estivera namorado del, e ten que propagalo. I esa querencia enfermiza ten tratamento siquiátrico porque é unha forma de tolemia. ¿E logo non tiña Amandio na propia casa o exemplo claro? ¿Cómo chamar senon a aquela teima da súa tía de deixar aberta a espita do butano? Privada de sentido e de movemento fino de mans xa non sabía acender un misto pra se preparar unha manzanilla, pero a forza de cedellar no capacete da bombona e nos mandos da cociña deixaba libre o gas. Despóis pedía que lle fixeran a infusión. ¡Cánto coidado había que ter coela! Tanto que fora preciso internala nun sanatorio siquiátrico durante os días da ausencia de Amandio e mái-la súa dona, porque a tía precisaba de atención contínua. E, sen case xente na casa, a súa agresión podería converti-lo edificio en ruina certa, en noticia de primeira plana como decote érao a detención de cada novo pirómano innominado.

¡Qué raro que todo-los detidos foran pirómanos! ¿E non sería que se estaba xa a introducir na noticia a circunstancia atenuante porque os detidos, nalgúns casos, fórano cando, simplemente, estaban a queimar broza dos seus montes?. E os xueces sabían que non era no colectivo labrego onde se acobillaban os incendiarios.Terían que abrir un sumario, de certo que sí, pero a outra parte da película era que, non poucas veces, o helicóptero baixara á eira ou ó pe do comareiro onde o paisán facía o seu labor de limpeza por medio de lume controlado sen ter cursado a oportuna petición de permiso. O permiso: esa era a cuestión, como no Hamlet. Ter ou non te-lo permiso. ¡Aí estaba, non poucas veces, a diferencia oficial antre o labrego coidadoso do seu eido e mái-lo "pirómano"!.

A tal falta de permiso traducírase en éxitos certos da Consellería de Agricultura na súa loita contra do lume, axudada dese xeito a acrece-las cifras da criminalidade incendiaria, antramentres os grandes asesinos do monte permanecían na escuridade ou seguían a move-los monicreques da nova política forestal. I era fácil maxinalos como executivos prepotentes deseñando sobre dun mapa de Galicia, por medio de rotuladores ou pegatinas con feitío de flama, as áreas que nos vindeiros días deberían ficar asoladas, convertidas en cinza: tal souto, tal carballeira, zonas de piñeiros, eucaliptus a consolidar.

E, á marxe desa trama,os políticos no goberno seguirían sen vountade pra afondaren no misterio, preocupados tan soio de mostraren nos medios de comunicación os seus aparentes éxitos. Pra eso escolleran o camiño de sobreinformar, de intoxicaren ás xentes con datos falsos e presentaren tamén como queimadores ós verdadeiros conservadores do monte, o que servía pra lle vender á sociedade galega a "burra" da que soio aparecía como política nefasta prós ecoloxistas, outro dos colectivos calumniados.

Nefecto, os ecoloxistas estaban pola defensa do bosco autóctono, da vexetación "climax", a única que garantizaba a permanencia no rural galego das explotacións familiares. E Galicia tiña unha clara vocación gandeira, como xa apuntaran expertos da F.A.O., sendo o país do mundo --conxuntamente con Kenia-- con máis posibilidades nese eido. E nesa dirección fixérase un esforzo colectivo grande por parte do noso campesiñado e hoxe era normal descobrir --a pouco de nos adentrarmos nas aldeas galegas-- explotacións saneadas de leite ou carne.

Pero tal esforzo semellaba ter sido inútil porque Europa, a Europa verde, quería colocármonos aquí o seu excedente de leite e proteínas e cambia-la nosa vocación natural pola de productores de eucaliptus. A Europa verde quería tamén situar na nosa terra os procesos químicos de fabricación de pasta de papel, supercontaminantes, e nos impoñer un programa de masiva repoboación forestal, contando con que aquí habíamos seguir tendo políticos morcóns dispostos a estaren sempre ó seu dictado e xornalistas apesebrados incapaces de faceren un periodismo crítico.

Ante a decisión comunitaria pouco poderían dispoñe-los nosos labregos. A nosa sociedade perdera a forza das tradicións e seguía maniatada polos caciques que a estaban a conducir a unha especie de suicidio colectivo. O esforzo de modernidade dalgúns labregos e gandeiros estaba chamado a fracasar ante o interese supranacional que impoñía prá súa economía outros roteiros. E os habían seguir culpando do lume os presuntos portavoces da trama incendiaria. Pero como era esa unha acusación insincera e cínica deran en inventa-la figura do "pirómano".

Esa era tamén a idea de Amandio, i eso era o que o mantiña retraído. Os "pirómanos", aseguraba, eran moitas veces labregos que prenderan lume ás silvas xa rozadas do seu monte..I esa idea, o medo a ver chega-lo helicóptero polos aires coa conseguinte citación e multa, foi a que o mantivo sen queima-la especie de enorme palleira que, ó longo do vran, fora acrecendo na súa tenza particular, un anaco de monte onde mantiña loita constante contra das malas herbas e coidaba dunha ducia de castiñeiros e nogueiras, á par que tentaba configurar un certo sotobosco a base, principalmente, de rododendros, azaleas, gardenias e algunha que outra pranta menor...Estaba preparando un sitio pra despóis da xubilación, desa xubilación que xa lle andaban a ofrecer, que se diría non demorarían en lle impoñer...

--"¡Que se xubilen eles, que as que sobran da nómina son precisamente as vacas sagradas...!" -- era o comento visceral de Amandio a aquela proposta deshonesta--..

Por outra banda, seguía matinando, o número de detidos fora este ano menor, a pesares da escalada incendiaria, das múltiples cacharelas cada día renovadas, da obscenidade daquel "cumprindo obxectivos", cada castro un facho, sen outra resposta que a impotencia das autoridades e da sociedade, como se os verdadeiros incendiarios tiveran patente de corso, inmunidade. Como se foran colaboradores --¿quén sabe?-- da nova política forestal, porque, ¿cómo non se chegaran a concretar certas acusacións..?

A aparición en Carnota de quince artefactos incendiarios....O silencio oficial ante a denuncia dun grupo ecoloxista que logrou cercar a un terrorista nun monte de Santa Comba e que, cando coidaban que xa o tiñan baixo control, atopáranse con que o incendiario non estaba soio e que outros dous terroristas, armados, acodían na súa liberación...Algúns paisáns falaban de que o lume tiña chegado, nalgúns casos, polo ar.

"--E cando xa o lume estaba medio controlado, coincidindo coa aparición no ceo dunha especie de globiños, onde eles pousaban, escomezaba de novo a arde-lo monte" -- Era o testimonio standard recollido por moitas xentes que se preocuparan de facer enquisas ó respecto, e que xa Amandio tiña denunciado anteriormente.

Falabase, incluso, dunha especie de "sputnik", made in England. Debesa, o apoderado de Castrofalcoeiro tiña un conocemento bastante comprido dese tipo de foguetiño e de outros que chegaban, igualmente, polo aire. ¡ E quén lle ía decir a Amandio que, ós poucos da visita a Castrofalcoeiro, tería noticia e presencia providencial da tal arma incendiaria.!

--Este "sputnik" caeu, como che teño dito, nun monte da familia.--diríalle o cliente do banco que lle fixo entrega do artefacto incendiario, un siareiro co que mantiña, ademáis, unha fonda amistade, reforzada pola preocupación ecolóxica compartida--. Eu sabía del dende hai uns doce anos, pero tiña outra idea do foguetiño. Pra mín que as aletas eran de aluminio e non de plástico como agora vexo. Pero eso non cambia as cousas. Aí o tes.
--¡De aluminio ou de plástico, aí temo-la proba de que detrás de todo hai unha auténtica organización..! É unha proba que, chegado o momento, poderemos presentar ante algunha instancia europea, quezáis o Buró Europeo do Medio Ambiente.

Amandio mantiña a ilusión no futuro da democracia, se ben non sabía como habería que facer pra que a sociedade reventara o que el denominaba a corrupción política institucionalizada...Os países do leste parecía que estaban a marca-lo camiño, dando a lección maxistral. A entropía socialista tocaba á súa fín..Terían que queimar, certamente, moitas etapas, pero o sistema esmorecía.... Semellaba que o capitalismo de Estado estaba de saldo e que unha nova sociedade, máis individualizada, máis libre, estaba a xermolar.

Nalgúns países estaban xa anunciadas eleccións libres, a alborada, á par que a creación de comités anticorrupción que farían máis doado á par que máis creíble o enceto dunha nova era de liberdade, democracia e transparencia. Posiblemente á nosa democracia tamén lle viría ben a creación de comités desa natureza, porque os síntomas de descomposición eran evidentes e trascendían a todo-los ambientes. A sociedade estaba arretpiantemente desarmada.

Tornando ó tema dos incendios había algo extraño naquela temporada do 1989, en canto ó seu número e cadencia, porque aquí, se non chove, a terra seca axiña. E faino en poucos días. E nese 1989 dérase unha insólita seca, ata o ponto de que en febreiro había concellos en alerta vermella. E xa en xaneiro arderan algúns montes.. I é que, efectivamente, dende que se institucionalizou o terrorismo incendiario é frecuente ver que o monte arde de forma franca antes incluso de chega-la primavera...Quince ou vinte días de seca e o lume escomeza...Pero a partires de febreiro douse un silencio incendiario longo, que duraría practicamente ata o trinta de xuño.. .¿ E cal sería o misterio dese silencio?..Mentres Amandio facía a segunda metade do camiño de volta, unha serie de ideas acodían á súa mente por riba do lume que reinaba naquela noite. Cando chegase á súa casa de Vilavella tentaría poñer orde no material do que dispoñía, a escolma de noticias de prensa que, en relación co feito forestal, fora retallando a cotío e que formaban xa un "dossier" de certa consideración...:

"O apoio da sociedade á lei forestal de iniciativa popular, respaldada por máis de trinta e catro mil asinaturas e finalmente rexeitada polo parlamentiño galego....Cada garda forestal era igualmente un testigo de cargo contra a Consellería de Agricultura, xa que os mantiveran afastados dos traballos de prevención do lume, de limpeza do monte, ó longo do inverno, pra --decían os gardas nas súas reiteradas protestas-- poñelos no vran fronte a fronte do lume exterminador en condicións de auténtica heroicidade...As directivas europeas que querían converte-la nosa terra na reserva eucalipteira de occidente...A extensión da área do eucaliptu por medio do lume forestal, máis eficaz que a súa difusión valéndose de sementes ou de prantas de viveiro...As xentes integradas naquela mafia, nenos incluídos, porque na súa miseria valíalles incluso o diñeiro que lles chegaba pola súa laboura en espalla-lo lume, suponse que baixo a experta dirección dos terroristas. Diñeiro negro prás súas modestas economías".

Pouco a pouco, na mente de Amandio escomezou a se debuxar unha idea: a de que tiña que haber algún xeito de se aproximar á identidade das altas instancias incendiarias. Tiña que haber unha forma certa de aprehende-lo rostro ou a razón social dos asesinos do monte galego, dos que estaban urdindo a trama --¿transnacional?-- criminal, sentando os alicerces da nova política forestal. Forestal e, por ende, empresarial, porque a política de reforestación fíxose sempre, dende que existe, baixo do imperio da industria. E soio modernamente estabamos a asistir a un certo rearme moral da cidadanía e dos propietarios de montes que entenden o bosco como un ben social ó tempo que económico. A idea conservacionista, pois, estaba a tomar un certo pulo, aínda tímido, que habería que afortalar mediante a adecuada información. Desa información -- que os devotos da madeira rápida estaban a neutralizar --deberíase derivar a prazo longo unha industrialización con alto valor engadido, consecuencia da oferta de madeiras nobres... Pero, de momento, a madeira de nogueira tiñámola que seguir mercando ós franceses, e os partidos con capacidade de decidir neste eido actuaban como se lle deberan obedencia a algún grupo multinacional...Amandio lembrou o escándalo Flick, 1984...Foi como un "flash" fuxidío antre as ideas que andaban a buligar no seu maxín...

A viaxe tocaba á súa fin. Á esquerda do acceso por onde Amandio colleu cara ó casco vello da vila permanecía o gran anuncio da Xunta: o neno espido, camiñando sobre do chan abrasado dun pinal queimado; un neno loiro, fermoso e que daba a imaxe de futuro executivo ilustraba o aviso do goberno galego: "Non queimes o seu futuro".

--¡Non queimede-lo seu futuro, políticos inútiles! --Exclamou Amandio.
--¿Por qué te pós así? ¿Non ves que non te escoitan? --Dixo a súa muller.
--Non o podo evitar. ¿Tí non ves que o tal anuncio é un insulto pra todo-los que pasamos por aquí? ¿Quén os autoriza a outorgarnos o calificativo de presuntos incendiarios? ¿Ou a quénes está dirixido o anuncio do rapaciño loiro espidiño? Teño razón, todo o dereito do mundo a lles devolve-lo insulto, coa particularidade de que por parte deles sí existen culpas. Culpas pacentemente traballadas, por suposto que sí...
--Acouga, home, e atende ó volante que pouco falta. Atende ó semáforo. Está en vermello.

As luces de neón dos establecementos eran a verdadeira iluminación na noite de Vilavella e marcaban o camiño tantas veces repetido por Amandio e mai-la súa dona que agora sí rendían viaxe. O feito de teren o garaxe na propia casa faría leviá a recollida da equipaxe..

Quedaban atrás dez horas de ruta, coa atención permanentemente posta na estrada..Soio un par de leves pausas porque o matrimonio non quería demora-lo retorno, pendente, ademáis, do estado de saúde da tía, o que requeriría a necesaria toma de contacto co sanatorio...A resposta á sua chamada telefónica serviría prós consolar ó mesmo tempo que alertar:

--Parece que o tratamento chegou a tempo e a autoagresión está baixo control. E fisicamente tamén mellora. Diríase que ten algo máis de movilidade. Pero non sabe quen é a persoa que lle fai compaña e que hoxe neutralizou a pretensión de se marchare na compaña dunha extraña que a visitou..
--Nada me sorprende e, con independencia da correspondente denuncia, se procede, pasaremos en quince minutos polo sanatorio, a recollela. Téñannos preparado, por favor, o plan médico a seguir.

O matrimonio non contaba coeste contratempo. Pensaban ocuparse da tía ó día seguinte, pero tiveron que ser resolutivos e actuar de inmediato. Así, pois, acodiron sen demora á casa de saúde, onde xa o persoal agardaba coa enferma debidamente vestida e preparada pró retorno onda os seus. Todo un mérito por parte do persoal sanitario porque a tía de Amandio tiña por norma deitarse ás sete do serán e conseguila despertar antes das tres da madrugada era todo un éxito. O que sí, a esa hora despertaba ela soa. E despertaba tamén ós demáis. E, naturalmente, o mal viña xa de moito antes porque había uns quince anos que andaba naquela teima de chamar ós seus. Soio que daquela facíao por teléfono. E chamaba toda-las noites ó fío das tres da madrugada. Facíao con puntualidade xermánica. Pero como aínda tiña vigor físico decíase dela que era unha muller rara. Mais, era evidente, alí estaba o mal e a súa desorientación témporo-espacial.

Coas dificultades e axudas de costume a enferma logrou entrar no coche de Amandio, se ben parecía máis entonada, algo máis forte. Amandio recolleu o plan médico que a partires dese momento terían de seguir coa súa tía. Pouco se podería facer por ela porque o mal de Alzheimer fora acabando coas súas potencias. A pauta médica contiña un diagnóstico preciso do insidioso mal. Era unha persoalidade totalmente en regresión, que xa non conocía ós seus, circunstancia terrible --aí estaba o accidente da extraña visitante-- que podería ser aproveitada por certa xente que se sabía vixiante e que, baixo a aparencia dun falso altruísmo, tentarían afastala da súa familia e privala aínda de máis diñeiro, máis alá dos oito quilos que lle levaran facía pouco...

--¿E cómo foi que te querías ires cunha extraña? ¿Non ves que aquí tes o teu sitio? --perguntou a muller de Amandio, sen se decatar que estaba a facer unha pergunta moi longa pra aquela mente enferma.
--¿Qué dís...? ¿Que me fun cunha extraña?

Xa non había xeito de construir un diálogo coherente coa tía. Había xa tempo que as conversas coela estaban limitadas a aquelas horas do día nas que gardaba unha certa compostura e semellaba posuir aínda un certo lusco-fusco de razón. Ao mellor dentro de tres ou catro días acordábase da extraña visita --de extraña nada, naturalmente-- e daba noticia da súa identidade e dos motivos daquela visita que se producía xusto no momento no que andaban co paso a paso do procedemento de incapacitación da vella.

Xa estaban na casa de novo. Xa a tía ía quedar instalada outra vez ó abeiro da única familia que tiña, e coa garantía dunha atención continuada, aínda que eso representaba, certamente, limitación de movementos e rotura da intimidade prós demáis. E contratar a unha acompañante permanente de día, prá casa ou prás posibles saídas.E se como parecía estaba máis forte habería que extrema-los coidados. Así que, mentre-la súa dona ocupábase de deitala, Amandio pechou a porta da cociña en evitación de accidentes maiores.

Na mañá seguinte, luns, o home non tería que acodir ó traballo. Quedábanlle sete días de vacacións antes de se meter de novo no puzo, na monotonía bancaria, na triste salmodia de cada día, sete horas sentado criando bandullo á par que se esforzaba en dar recado de tanto papel como chegaba á súa mesa.

"--¿Cómo hai tantísimo papel na súa mesa, Amandio?"--Era unha das frases preferidas dun dos seus xefes.
"--Porque o traballo vai a máis e non damos feito."
"--¡Pero si ese traballo o leva perfectamente un soio home e inda lle sobra un brazo!"
"--¡Pois a ver como apaga o farol, señor! ¡ E doulle, incluso, a oportunidade de traballar cos dous brazos!" --contestaba o home, canso de oir idioteces.

Pero o momento de retoma-lo calvario cotián aínda non chegara. Non había que adianta-los acontecementos. Xa chegaría o instante de afia-la língua cós peludos daquel antro laboral...De momento, quedaban sete preciosos días, sete, circunstancia que aproveitaría pra lle dar forma á idea que por momentos estaba a se converter en teima irrenunciable, en desacougo permanente....Co permiso da tía, naturalmente.

Ó lembra-la corta estada en Bilbao, a conciencia electoral plasmada de xeito acugulante, abrouxador, en tantísimo cartel e bandeirola, no seu suconscente soio permanecía a propaganda de HB...I é que algo de lúdico --e de subliminal-- había na súa campaña...Bilbao estaba vestida de festa naqueles comicios... Pero a astucia electoral de H.B. estaba en que a súa propaganda sobrenadaba naquel mar de pancartas de paternidade diversa. Era unha publicidade ben traballada, a anos luz, decían os propios vascos, da propaganda dos outros ...Algo lle decía que a coalición vasca podería acadar mellores resultados dos que estaban a lle pronosticar, aínda que o P.N.V. mostrábase, aparentemente, como máis preferido...Dunha ou da outra forma, alí se exercía o voto nacionalista, a dereitas e esquerdas.

Por desgracia o nacionalismo non tiña fondas raíces na nosa terra e o exemplo non era extrapolable. Tiñamos, sí, unha historia de honestidade certa. Ese era o patrimonio do vello e desaparecido Partido Galeguista. Mai-lo nacionalismo non calara nas camadas populares, fortemente conservadoras e que, á hora de votar, facíano polo poder establecido. Galicia, secularmente víctima do colonialismo interior imperante, semellaba non ter azos pra sacudi-lo xugo que, democráticamente, podería botar lonxe de sí. Pero os partidos de ámbito estatal tiñan claro que o galego era, socialmente, víctima do seu autoodio conxénito, e que era ese autoodio o que o levaba ó esquecemento da súa propia língua, da súa cultura; á renuncia do seu futuro, do dereito a demanda-las máis altas cotas de autoberno posible..

Permanecía a negrura histórica da doma e castración do noso pobo e aínda non se albiscaba un abrente certo xa que nengún partido nacionalista tiña sabido cataliza-la atención do electorado, ilusionar ás nosas xentes, salvo a excepción recente da Coalición Galega, partido xa desacreditado porque a sociedade galega presumía que non fora outra cousa que unha solución de recambio, cando non unha estratexia pra unhas eleccións, como unha especie de cabalo de Troia cos signos externos da nosa particular identidade, pero que tiña instalados no seu interior, no seu bandullo, a homes que na historia recente nada tiveran que ver coa defensa dos intereses de Galicia.

O elector conservador creeu nas autonómicas do 1985 que esa vez sí, había un partido galego que sintonizaba co seu sentir, pero non tardou en comprender que todo fora unha trampa..E agora, ante os novos comicios, sería difícil retomar aquel voto,acaso perdido pra sempre dende as europeas do quince de xuño..Esa parecía, polo menos, a lectura correcta dos votos acadados pola CG e mais polo PNG. Un auténtico voto de castigo como consecuencia da súa división e da traición que pra moitos dos que neles confiaran viñera representar a súa colaboración co PSOE. E por si fora pouco, despóis do recente fracaso electoral, soio cinco días despóis, os "nacionalistas" rexeitaban a iniciativa popular da lei forestal.

¿Cómo foi posible que non valoraran que a tal iniciativa estaba respaldada por máis de trinta mil asinaturas?. Pra Amandio era impensable que dous partidos nacionalistas lle tiveran posto atrancos á tal lei e posibilitaran o seu aborto. Eso equivalía, pensaba el, a cambia-la bandeira de Galicia polo emblema de algún grupo transnacional ainda que o voto de castigo recibido --e o que presumiblemente ían recibir nos comicios do 29-O-- tiña, tamén, outras lecturas..

Nos próximos días tería que pensar sobre do momento actual do nacionalismo á par que sobre do lume forestal..En principio parecíalle que se podería vence-lo lume, pero soio dende a plataforma do nacionalismo, dese nacionalismo que non acababa de agrelar, de se encarnar na sociedade como arela irrefrenable...Resolve-lo problema dende a plataforma que brindaban os partidos sucursalistas parecía totalmente inviable...Aí estaba o repetido lema, a burla de "cumprindo obxectivos". ¿Qué obxetivos..? ¿Os de apaga-lo lume ou os de converter Galicia toda nunha gran cacharela.?.Co-esta idea, o home escomezou a dormir cando xa a madrugada do día dezaséis estaba bastante adiantada.


II

¿Ú-los incendiarios? Esa era a pergunta que Amandio seguía a se facer ó tempo que escomezaba coa clasificación de noticias de prensa que fora retallando, moitas delas relacionadas coa problemática do lume dos nosos montes. ¿Quenes eran as altas instancias incendiarias...? ¿Cómo se podería acceder á súa facies...? E apelumbraba que esa era unha pescuda posible manexando datos económicos, como facían os que estaban a sobredimensiona-la bondade do eucaliptu en canto que árbore de crecemento rápido e de rendemento inmediato. ¡E tan rápido! ¡Como que crecía como unha mala herba que afogaba ás outras árbores!

Nunha das noticias seleccionadas facíase alusión ás características pirofíticas do eucaliptu. E así se definía por medio de informe confidencial feito por un enxeñeiro da Xunta, documento anexo ó Inventario Forestal 1986.No tal informe chegabase a decir que á maior presencia desta árbore "contribúe, en primeiro lugar, o lume, facilitando o seu esparexemento e fomentando a formación de renovos por brotes de cepa". E, na medida en que o ditoso informe confidencial non transcendía, parecía que o poder estaba realmente enzudrado, non interesado en apaga-lo lume, o elemento activo máis importante na política forestal promovida por certos grupos de presión, algúns deles presuntamente próximos á Xunta.

Amandio entendía que aí estaba condensada a filosofía incendiaria e que non había que facer outra cousa que determina-los beneficios derivados do lume. Ese era o nó gordián. Pero a causa non aparecía tan doada de determinar, a non ser que se tivera acceso a unha información inxente e se poidera, ó mesmo tempo, procesala por medio de computadora. Tal vez dese xeito se puidera defini-lo retrato robot das altas instancias incendiarias, ou establecer, con bastante probabilidade de acerto, os nomes das empresas que estaban a queima-lo monte.

Porque era evidente que os chamados "pirómanos" levaban máis culpa que outra cousa e que estaban a ser utilizados como cortina de fume polos verdadeiros asesinos do monte. ¿É que acaso esos "pirómanos" podían dispoñer de outros medios que o tradicional do misto ou da chamada "mecha portuguesa"? Decían tamén que, valéndose dun gato ou dun coello atados a un apéndice ígneo --un fachuco ardendo, por exemplo-- poderíase facer chegar o lume a lugares inaccesibles.

Pero o lume vido polo aire, ¿quén o provocaba? --"e chegaban polo aire uns como globiños e, onde eles caían, o lume cobraba nova vida"-- ¿Existía tan siquer un censo cabal de helicópteros, hidros e avionetas? Porque algunha denuncia xa se tiña formulado en relación coa paternidade aérea dalgúns dos incendios rexistrados. E eso requería a resposta simple do censo dos aparatos aéreos, únicos que poderían dar cobertura técnica a tantísimo incendio industrial como se estaba rexistrando.

Amandio lembraba os primeiros incendios de certa consideración, alá polos anos cincoenta, época na que o eucaliptu non tiña a expansión de hoxe en día. A picaresca incendiaria era ben distinta da de agora, porque non había industrias que traballaran coa madeira queimada. E obedecían ó seguinte esquema: Primeiramente e ó longo de varios días, cortábanse os piñeiros. Os troncos eran transportados a un ou varios destinos determinados. Despóis prendíase lume.

--"Non quedou un pino. O lume acabou co monte."-- fora a frase daquela pronunciada, en presencia de Amandio.
--"Pero a madeira goza de boa saúde, que eu ben vín como a cortaban e levaban en camións antes de o monte arder"-- Amandio tamén lembraba aquela resposta precisa, dada por outro home, e que explicaba o patrimonio acadado por certo grupo de presión.

Pero a primeira noticia que Amandio estaba a estudar (El Independiente, 9.07.89) non tiña desperdicio. Dende o titular, que se refería ó apoio do PSOE á imprantación de papeleiras transfronteirizas, ata a nova do holocausto das especies nobres, "carballos, castiñeiros, bídalos, amieiros, freixos, arces....", a plana enteira estaba chea de contido:

"Connivencia antre a Xunta, Goberno e CE". Galicia como reserva eucalipteira e celulósica da Europa Comunitaria. A denuncia dos grupos nacionalistas de esquerda. O intento que, dende instancias europeas, estaba a se facer por acabar coa Galicia gandeira e mariñeira. "Eurogalicia Forestal", o enxendro no que estaba metido o consorcio Flick e que andaba procurando a complicidade política necesaria pra instalar en As Pontes a factoría que, por problemas de contaminación, terían que cerrar nas proximidades do lago Constanza, cumprindo obxetivos, xa.

Aquelo conectaba con outra lectura anterior de Amandio, na que se daba o dato puntual de que os ministros de Madrid (Aranzadi, Solchaga, Romero) estaban a pular a favor dos intereses celulósicos europeos; de como aquel era o momento políticamente favorable cunha Xunta dominada igoalmente polo PSOE coa estúpida complacencia dos seus socios, a CG e mai-lo PNG. Pero a decisión de asumi-las celulosas expatriadas sería contestada socialmente.

¡Aí estaban senon as trinta e catro mil asinaturas respaldando a lei forestal de iniciativa popular! ¡Menudo susto se levaron os incendiarios cando se dou a noticia oficial das firmas recollidas! Tanto que durante aquel primeiro semestre case non houbo lume. Como se tiveran cambiado de estratexia pra vira-la imaxe do eucaliptu e demostraren así á sociedade que non, que non era unha árbore pirofítica.

A lei forestal tería sido, certamente, un bó instrumento pra lle pór cancelas ó lume do monte, á par que un instrumento que posibilitaría unha maior riqueza ecolóxica e, a longo prazo, económica, cun maior valor engadido ó tempo que daría tamén acceso a unha maior calidade de vida. Os partidos, sen embargo, non estiveran á altura dos tempos. ¡Qué maior gloria pra eles que posibilitaren a posta a ponto dunha lei de iniciativa popular!

Pero, non. A CG e o PNG --do que Amandio endexamáis esperara aquel comportamento-- votaran no mesmo sentido que ó PSdeG/PSOE ordeara o Goberno do Estado. ¡Se abondaba con que un deles, ou os tres parlamentarios, se tiveran quedado na casa! ¡Podían ter alegado calquera cousa, por exemplo diarrea, con fotografía previa nun céntrico restorán como alguén lles tiña suxerido! Cegos polas faragullas de poder recibidas asinaran, tal vez, a súa sentencia de morte. Pola contra, o PP dera o seu apoio á iniciativa popular, cuia proposta de lei consideraban mala, mais que estimaban podería servir de borrador, de instrumento de traballo. Habería que lle dar tempo ó tempo, a ver se volvían gobernar e retomaban a iniciativa. ¡Quén sabe se daquela non se decantarían como máis defensores aínda dos intereses celulósicos de Flick! Eso saberíase despóis do 14 de Decembro. Ese día, decían as enquisas, Fraga podería sé-lo novo presidente de Galicia. Ao mellor incluso veíase forzado ó pago da factura do consorcio alemán.

Moitas das noticias que barallaba Amandio falaban dos incendios da véspera: máis de trinta, máis do centenar. Ou do periplo que Rauni e Sting andaban a facer polo mundo enteiro, explicando o drama da Amazonia. A irracionalidade dos asesinos dos boscos. "O feito de pospoñe-la presentación do proiecto de lei forestal pra despóis das eleccións europeas pon ó descoberto a incapacidade de certos partidos "para mirar polo noso" ou pra da-lo salto "agora, Europa", salvo que cando elaboraran esos slogans estiveran xa, como parece evidencia-la súa oposición á lei proposta, compangados co PSOE na presunta defensa dos intereses dos seus socios alemáns"....."Se a lei proposta tivera pasado suporía, quezáis, a fín da anarquía, do caos forestal ou, como dixo o parlamentario Martínez Randulfe, do PSG-EG, serviría "para poñer orde na irracionalidade".

Outros retallos de prensa recollían a petición de Beiras e Nogueira, os indiscutibles líderes do BNG e máis do PSG-EG, da suspensión da venta da madeira queimada; ou de como o lume acadara un fronte de dez kilómetros nos montes de Carnota, Mazaricos e Muros; ou a novedade preocupante de que, de momento, non se crearía a secretaría de Estado pró Medio Ambiente; de cómo o colectivo de guardas de montes mantivera unha folga de protesta no mes de maio porque a inactividade imposta pola consellería de Agricultura durante os meses de inverno, en canto a traballos de prevención, íase traducir, cando escomezara o lume, en situacións de extremo peligro ou de heroicidade suprema, como así tería de acontecer.

O curioso é que Amandio tiña todo aquelo xa sabido, memorizado dende a primeira lectura, como aquela outra noticia da Voz de Galicia do 3o.o7.89, na que se recollía a petición de Adega dunha investigación policial ou o feito de que en catro días se queimaran cinco mil hectáreas, máis que en todo o verán do 88. Había, certamente, presa incendiaria. O dibuxo de Siro ilustraba a noticia admirablemente ben, co barbado conselleiro de Agricultura tentando apaga-lo lume sen outros medios que unha regadeira e máis un porrón, mentre-lo trasno, gnomos e fadas fuxían do sotobosco, cada un deles convertido en facho ambulante. E Adega facía unha serea e democrática crítica á ineficacia e irresponsabilidade do Goberno Laxe. E se non de irresponsabilidade poderíase acusar de inxenuidade ó alcalde de As Pontes, que confiaba na reubicación no seu concello da celulosa de Feldmühle/Flick, dos que Eurogalicia Forestal non eran, presuntamente, outra cousa que un novo cabalo de Troia.

¿Ú-los incendiarios...? A pergunta volvía bater no maxín de Amandio que telumbraba un posible camiño prá pescuda da súa identidade. Os eucaliptus eran un medio e unha fín ó mesmo tempo. E moito técnico forestal que en tempo anterior falaba das excelencias das caducifolias e da vexetación climax en xeral, agora cambiara de bando i escribía traballos ó dictado. O eucaliptu xa non era pra eles a tea incendiaria, senon a árbore do futuro. E os que defendían a diversidade forestal eran uns románticos. Menos mal que aínda quedaban voces como a de González Bernáldez ou a de Van Ermen, ou as voces das xentes de Adega. Ou as trinta e catro mil asinaturas da iniciativa popular. Esa era a protesta popular, a asunción do rol conservacionista do monte por parte da sociedade en contra dos novos valedores do "eucaliptus globulus".

O protagonismo desta árbore era claro, mais a falta de medidas eficaces que prohibiran a circulación da madeira queimada permitía que certas factorías poideran acceder á mesma a baixo precio. Ou ben elas ou ben os intermediarios estaban a se beneficiar do drama incendiario. Pero aquí había dúas cousas a considerar i é que o lume forestal podía ter un doble obxetivo: primeiro, o de abarata-la materia prima de certas industrias; segundo, e a prazo longo, o de acrece-la área do eucaliptu pra nos converter, como vai dito, na reserva eucalipteira de Europa e meca das celulosas como a que o alcalde das Pontes e mai-lo Goberno Laxe parecían estar dispostos a acoller, "cumprindo obxectivos, xa"...Cumprindo obxectivos, S.A. Así decía mellor.

Poderíase falar, tal vez, de dous grupos incendiarios: un galego, ou galaico-portugués; outro podería ser europeo, porque, ¿qué facía o pasaporte alemán nos montes de Debesa? De todas formas, a cousa non parecía tan simple. E Amandio, impulsivamente, escomezou a tracexar diagramas de Venn, facendo confluir conxuntos varios: eucaliptus, celulosas, fábricas de aglomerados, capital transnacional, directivas europeas, avionetas, etc. Curioso conxunto intersección. Parecía evidente a relación de beneficio que cada grupo podía tirar dos outros.

Pero eso non era nada máis que unha aproximación acientífica, algo así como xogar á pita cega. Habería que entrar no campo dos datos estadísticos. E de datos certos. Porque por aí andaba máis dun charlatán coa súa necia dialéctica de citar dogmáticamente cifras e máis cifras tiradas do Inventario Forestal 1986, que era seguro que xa non se axustaba á realidade. Amandio sabía por simple observación directa que a área do eucaliptu era xa sensiblemente superior, e que se estaban facendo ensaios pra reforestar coesa especie zonas de montes por riba dos catrocentos metros. Xa estaban roturados algúns deles e as prantas novas non tardarían en se facer adultas i en degradar esas terras e secar outras fontes...

A criminalidade organizada que se apelumbraba tras do lume podería se-la mesma criminalidade que estaba a reforestar en base a eucaliptus superficies prás que por lei estaba establecida a obrigatoriedade de estudo de impacto ambiental, sistematicamente burlado.

Amandio tornou á idea dos conxuntos. No de intersección había moito pano que cortar. A idea podería servir pra que o seu amigo Tragasfalto, tan metido na informática, lle fixera un programa que lle permitira, valéndose do seu PC, saber quenes se beneficiaban máis do lume forestal ou, tal vez, qué empresas integraban o grupo das altas instancias incendiarias.

Faría falta moitísima información do tráfego da madeira queimada, incluso do movemento transfronteirizo da mesma. Porque de Portugal seguía entrando. E facilmente tamén se exportaba ó veciño país, como ó País Vasco ou a Europa. A lonxa de Silleda podería ser un banco de datos preciso. ¡Quén sabe se non estaba alí a clave do misterio! ¡E os parlamentarios falando en debates interminables dunha trama transnacional que podería ser facilmente descoberta!

O plan de Amandio tería que dar resultado. Había un problema certo de tempo, porque as vacacións que lle quedaban eran cortas e había que estar pendente da tía. E por outra parte, Tragasfalto, co seu ir e vir de case todo-los días a Gofrevila e Arealonga --recén aínda o affaire dos golfiños porteadores--, igoal non podía dispoñer dunha ou dúas tardes pra lle dar remate ó encargo que Amandio lle quería facer. Certo que eso podíase obviar dirixíndose a un aula informática, pero prefería leva-lo asunto discretamente e valerse do amigo. A ver como coordinaban. Amandio tentaría, se acaso, conseguir datos na lonxa de Silleda: compradores, intermediarios, destino último das partidas, precio da madeira ardida, desviación dese precio en relación coa madeira verde,etc.

Amandio deixouse levar pola pantasía e veu ante sí o traballo en vías de realización. O programa de Tragasfalto parecía ben estructurado e, en base a el, íanse imputando os datos arrecadados na lonxa de Silleda. No último momento acordara tamén considera-las empresas que traballaban a madeira verde,beneficiarias igualmente da política forestal rubricada polo lume, pero non había posibilidade de se facer con información precisa. El, por honestidade, non quería excluir a ninguén apriorísticamente. Mais,aínda que o programa contemplara esa posibilidade de estudo, habería que deixala pra outro momento, máis adiante... Así que, limitándose á madeira queimada, Amandio proseguía a meter datos e máis datos. Horas interminables de traballo.

Xa o PC debía ter dentro de sí información dabondo como pra poder ofrecer unha resposta aproximada, que Amandio se dispoñía a recabar. Estaba nervioso, expectante. E dispuxo as oportunas instruccións. Pero, insólitamente, o PC dáballe unha resposta que non cadraba coas previsións do programa. Unha resposta cabalística, como se o programa estivera infectado. ¡Sí, eso debía ser! Algún virus, tal vez da serie dos troiáns. Amandio desesperaba polo fracaso, pois creía que xa lle tiña posto o cerco ós deseñadores da trama incendiaria. Volta a comezar. Tería que desinfecta-lo programa, recorrer tal vez a un gabinete informático porque, con toda seguridade, o seu amigo Tragasfalto botara man dun disco sen vacunar....

"Toc, toc, toc". O sonido despertou a Amandio. A súa tía achegárase, como alma en pena, á porta da alcoba matrimonial. Despóis de face-lo chamado de ritual cos codelos dunha man retirábase co seu andar de pantasma. ¡Todo fora un soño.! Pero a situación dramática da tía, eso sí que non era un soño.E Amandio levantouse celericamente porque tiña que atender á muller, cuios hábitos non cambiaran a pesares dos días botados na casa de saúde.

--¿Qué acontece? --perguntou a súa dona, igoalmente desperta.
--¿Qué vai acontecer? A túa tía que ha querer lle preparemos unha manzanilla. Tí segue a dormir que logo che ha tocar colle-lo relevo.
--¿E logo tí non estás canso de tanto conducir? Coesto non contabamos, ¿verdade?.
--Pra hoxe non. Pero mañán ou pasado teriamos de volver a este protocolo. Tí descansa, que alá vou.

Amandio estaba atordoado. Poucas veces tivera un soño tan detallado, tan preciso en cada mínima cousa. E cando coidaba que todo estaba case listo e que os terroristas do monte quedaran presos na rateira informática, cando aquel extraño virus acodira en defensa dos delincuentes, resulta que a chamada da tía, o ritual "toc, toc, toc" na porta, reventara o que non fora outra cousa que unha pantasía onírica.

O home acodeu presto en axuda da tía que o estaba a agardar de pe na cociña, coa luz apagada. ¿Cómo puido entrar alí se Amandio deixara a porta cerrada?. Estaba seguro de o ter feito así. Sen dúbida que algún outro membro da familia se levantara a tomar algo ou beber auga. Unha falta de entendemento lamentable. Habería que lles lee-la cartilla a todos.

¿Cómo podía estar alí a muller sen outra luz que a que as fiestras filtraban do alumeado público, por certo que bastante escaso naquela zona?. Porque era así como facía a travesía do piso ata a habitación do matrimonio, no extremo da vivenda. Non acendía as luces --esa era unha extraña virtude-- e como se participara da esencia das pantasmas, aquel corpo esfameado, sempre arrastrando os pes, movíase dun lado pra outro.

A muller parecía moi asustada cando o seu sobriño acendeu a luz. Cos seus ollos redondos miraba como se estivera ocultando algo.

--¡Se me fixeras unha manzanilla...!-- dixo, cun fío de voz.
--¡Sí, muller..! As que queiras....-- dixo Amandio complacente, sabedor de que, como outras veces, esta de agora non era nada máis que a primeira. O home foi cara a cociña que tiña o mando do forniño principal en posición de "aberto". Menos mal que o "carapucho" da bombona estaba desprendido, en previsión de que a tía volvera coa súa "piromanía" ás andadas.

Era perde-lo tempo chamarlle a atención. E o sobriño limitouse a dispoñe-las cousas pra lle prepara-la infusión.

--A queres con pouco zucre, ¿non-sí? --e botaballe unha sacarina..
--Sí.--e moi confidencial-- Por certo que a muller que veu onda mín o outro día quíxose deitar comigo na cama.
--Entón é que non era nengunha extraña --aventurou Amandio.
--¿E tí cómo o sabes? --dixo ela sorprendida--. Falaba como un anxo e díxome que o meu, o dos bancos, case estaba arranxado, que xa foran eles por alí.
--¿A devolverche os cartos?...Sí, claro. Dixéronme ademáis que o teu anxo vestía de lagarterana, como de incógnito...¡A ver, a manzanilla xa debeu enfriar..!
-- ¿Qué dís dos cartos, que os ten unha lagarterana, un anxo, cómo? ...
--Que esteas tranquila, que chos han devolver.. ¡A ver se o xuez fai o seu papel!¡ -- repuxo o sobriño pra engadir, dubidoso-- ¡Se quere, naturalmente!

Amandio desenganchou novamente o capacete da bombona porque non o facer, co protagonismo irracional daqueles oitenta anos, equivalería a converte-la casa nunha auténtica bomba. En ruiñas, do mesmo xeito que arruiñara o seu patrimonio, o mesmo ó que acababa de facer referencia sen luces pra comprender a actitude criminal dos ladróns..

A vella volveuse á súa cama de novo e Amandio fixo outro tanto. Mentres o facía tentou lembra-lo soño, fixar na memoria o proceso deductivo que seguira pra lle pór cancelas á súa maxinación e deixa-las ideas debidamente artelladas. Estaba convencido de que era unha especie de xogo de nenos determinar quenes se beneficiaban do lume i eran, consecuentemente, os seus padriños. Ou quenes enviaban o fogo dende o ceo ou o introducían por outras vías. Pero non había vontade política pra os descobrir e soio o nacionalismo tería ese mínimo de dignidade pra pular do tema. Mais este permanecía capado ou, no caso das esquerdas, non tiña poder dabondo pra levar adiante as súas acusacións. E polo centro dereita a situación era desesperada, porque a CG non fora máis que un sibilino e caciquil invento arroupado co espírito nacionalista do PG, o gran sacrificado.

O tal espírito conseguira facer leveda-la masa. E o invento vendeuse ó longo dalgún tempo, ata que os inventores, antinacionalistas, se asustaran. E romperon a baralla en Ourense. E volvérona escachar despóis das autonómicas do 85, daquela sorpresa dos once inmerecidos parlamentarios. A sociedade outorgáralles a súa confianza porque a podremia interna, xa denunciada polos críticos, aínda non trascendera ó exterior e soio un limitado círculo de persoas tiña información de primeira man do comité crítico de Vilavella, dimitido, no sentido de que aquelo non pasaba de ser unha estafa política prá ilusión dos simples. Pero a lección do 15 de xuño pasado non era máis que un primeiro aviso. Un aviso serio. E nas eleccións que estaban a cair como nas autonómicas que terían lugar no próximo decembro non se agardaba outra cousa que a reiteración do voto de castigo.

Amandio xa dormía de novo e, en soños, volvía recorre-la avenida bilbaína de López de Haro, coas cordadas alternativas de pasquíns de diversos partidos dándolle un certo aire de túnel festivo. Pero unha de cada dúas colgaduras era de H.B. I eso era o que permanecía. As bandeirolas reiteradas afogaban ó resto da propaganda e, despóis de cada recorrido pola avenida, na retina permanecían aquelas dúas letras sobre unha base de chamas, de lume. ¡Craro que había que queimar moita cousa! ¿E por qué non facer un gran facho, unha gran pira, con uns cantos incendiarios? ¿Sería necesario chegar a ese extremo? ¿Ou abondaría con que aqueles terroristas da flora lle viran as orellas ós lobos de Debesa? Esa podería ser, tamén, outra solución, porque os lobos, a pouco que os deixaran, saberían darlle-lo tratamento adecuado.


Xesús López Fernández.
Pontevedra. DNI.35.125.237.
12.10.90. 19.12.90 22.03.96