A variante de Marín está chegando á avenida de Marín que os clústers e grupos políticos teledirixidos queren consolidar, coa presunta intención de ocupa-las marismas de Lourizán, pode que futuro solar dalgún grupo empresarial relacionado cos partidos presentes no Concello. Ponte china. Ata resulta bonita na noite!. Nada que ver co scalextryc que se algo non-o remedia van facer na punta de Mollabao, co apoio dos tres grupos políticos presentes no Concello e o irracional ministerio de Fomente. Pero como ese scalextryc vai ser unha horteirada sobredimensionada que tenta consolida-la ocupación da autovía de Marín, presento a fotografía que sí é dunha ponte de deseño i en espiral que non cabería no espacio ó que nos referimos, pra que o lector se faga unha idea. O que queren construir en Mollabao vai ter tres niveles e a rotonda 200 metros de diámetro. Na entrada anterior refírome ó drama uruguaio, á indefensión que teñen en materia medioambiental e que o Fiscal Enrique Viana denuncia como influencia dos chamados grupo de poder que falan cos gobernos de maior a menor e, pouco a pouco, van acabando coa natureza, como aquí en Pontevedra donde clústers ou mafia portuaria dictan a lei.
Pontevedra, 1.07.2011
Entrada n.1447 do blog
Pontevedra, 1.07.2011
Entrada n.1447 do blog
A irracionalidade de Fomento,
por Xesús López Fernández
Cando se construeu o ferrocarril a Marín por presunto mandato dos clústers, aínda houbo un ramalazo de razón por parte do ministerio de Medio Ambiente de Aznar, que denunciaba esa infraestructura como unha agresión, un perfil duro que ocupaba 55000 metros cadrados e que impediría o paso ó dominio público marítimo terrestre de Lourizán unha vez liberado o espacio ó vence-la concesión da que presuntamente disfrutaban as empresas establecidas, que algunha delas había xa tempo que, obxetivamente, tiña caducada ou nunca dispuxo de concesión, como é o caso de Holcim. O nudo de Mollabao vai representare unha agresión que nen desde a irracionalidade de Fomento ten xustificación. E tocados tamén desa irracionalidade están o PSOE, o BNG, máis interesados aínda que o PP na realización do mesmo.
O BNG quer incluire no seu PXOM a realización desta obra: É decir, están alineados contra a Axenda21Local, como vimos decindo dende este blog.
A obra está cuestionada por Salvemos Pontevedra e por varias agrupaciós ecoloxistas. A alegación está moi argumentada, porque se trata dunha burrada como as dos recheos portuarios, sentenciados polo TS, aínda pendentes de seren executadas. Dende este blog non podemos decir outra cousa que maldeci-la actuación dos partidos políticos que consinten a profanación, unha vez máis, da ría, que presuntamente están acochambados cos grupos de poder que mandan, contra a Lei de Costas. Confiemos que algún día poidan ser sancionados penalmente por ésta como por outras agresiós.
-