domingo, 28 de agosto de 2011

Augas negras

O scalextryc de Mollavao vai ser construído no espacio que se aprecia na foto, na fin da recta de Lourizán.
-
Pontevedra,28.08.2011
Entrada n. 1464 do blog
Artículo semanal



Augas negras,
por Xesús López Fernández


A falta dunha verdadeira política ambientalista na ría de Pontevedra, a teima en seguire marcando os tempos dunha involución certa prá nosa ecoloxía, é evidente. Aínda estos pasados días, río Lérez arriba e con marea baixa, apreciabase o fondo lodoso de color negra betún, as augas igualmente negras, algo comprobado en días sucesivos. ¿Pero qué foi daquel purolérez.com que nos prometían os propagandistas da Carta de Aalborg? Traicionado o conxunto intermareal no que traballaban diversas depuradoras biolóxicas, as xunqueiras, desta volta e no marco das obras dos terreos que ocupou Tafisa diríase que están a poñeren un novo acento a esa traición, pois nada se está a facere pola recuperación do humedal duns 11000 metros cuadrados que co tempo iría ocupando o parque de madeiras da desaparecida fábrica. Si algún proiecto de rexeneración existe, de momento non se ve. Nun deses paseos apreciabanse tres cisnes, como derrotados, á procura da auga menos contaminada que recibían por un esgoto, escorrentía orixinada, talvez, no outro lado da estrada, á altura do humedal desaparecido.

Poderiamos seguir cunha especie de inventario do que se leva facendo mal dende os anos 50. A Lei de Costas do 1988, que puido ter un efecto salvífico nesta ría, foi sistemáticamente ignorada dende as administraciós que inda aspiran a reventala. Intentos non faltaron, moi en contra da actuación que se supón terían que asumi-las ditas administraciós na defensa do dominio público marítimo terrestre. As marismas de Lourizán poden ter ante sí un futuro de rexeneración; pero, tristemente, as denuncias que se van prantexando, eternizadas no carreiro xudicial, son case sempre promovidas por medio do exercicio da acción popular ante a Xusticia. E así vanse producindo algunhas sentencias firmes que, pasando anos, non se dan executado, como acontece cos casos denunciados pola Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, como tamén os procedementos incoados por Salvemos Pontevedra poderían marcar unha alborada nova pra Lourizán, firme xa a sentencia que devolve á vella concesión de Malvar a condición de dominio público marítimo terrestre.

As administraciós, responsables por acción ou omisión de tanto disparate feito, son de novo culpables na realización da obra que presuntamente ilegal, a conexión coa variante de Marín por medio da rotonda a tres niveles, en Mollavao, con radio de 200 metros, obra en principio alegada por un colectivo de diversos grupos ecoloxistas. Nada, outra batalla xudicial en marcha. Non importa que a Xunta e o Concello digan que se trata dun erro gravísimo e que as negativas de Fomento a modifica-lo plan obrigáronos “porque os cidadáns non podían agardare máis tempo”. Discurso falaz de seudoecoloxistas que non repararon que a Edar d´Os Praceres por eles impulsada era ilegal según a Lei de Costas; que tamén o sería o tanque das tormentas que o Concello quería construire en Mollavao, e todo canto mal se leva feito no porto de Marín, onde hai que retirar recheos por sentencia xudicial, pero se dispoñen a seguiren ocupando máis lámina d´auga.

Presuntamente, a obra vai consolida-la autovía de Marín, asentada sobre as marismas de Lourizán. Escuros intereses parecen marca-lo operativo. E Lores aínda tivo unha gracieta na conversa que se celebrou a pé de obra o pasado mércores: “Queda claro que no ministerio de Fomento, goberne quen goberne, mandan os técnicos”. ¿E non serán os clústers os que marcan a folla de ruta?. Telmo Martín tivo palabras rotundas: “É unha auténtica aberración que imos acabar lamentando”. O conselleiro dixo máis: “Nós queriamos saca-la autovía da beira do mar”, promesa bonita se fose certa; un sensentido, xa que non se aprestaron a recurriren pola vía xudicial en contra da agresión ó medio natural que a obra representa. As augas baixan negras. Unha derrota pra todos, e prós que fardan d´augadores do purolérez.com.

jueves, 25 de agosto de 2011

Praza da Verdura, Pontevedra

Casa da Luz, aínda que non teña nada de tal. Concebido o baixo da casa que ocupa o solar da vella fábrica de luz como lonxa prá venta fundamentalmente de verduras, fracasou como tal e acabou sendo solar de indixentes e "zona húmeda", ata que cerraron o espacio pra convertilo en oficinas da Policía Local, que tivo cuartel neste lugar. Un amparo prá zona. Pero cos estalinistas no poder local, a policía foi erradicada do lugar, que volveu ser un multiusos: letrina, pista de skaters, acobillo dos sen teito, feira artesanal, etc. Ata que se lles ocurreu convertila nunha máis das oficinas de información turística existentes na cidade!. Esta foto corresponde ás vísperas da inauguración do local de Terras de Pontevedra, que case non ten uso. Ó mellor ata funcionou como colexio electoral o 22.05, pra xustificaren os case cen millós das vellas pesetas aquí invertidos en poñer e quitar ladrillos, unha obra d´escándalo. (Por certo, ós nacionalistas non lles gusta usa-la palabra ladrillo; usan tixolo, cando esta verba significa, en galego, un cacharro furado, tarteira, tixola, usado pr´asare castañas. Que conste) Casa da Luz, do blog "vellapontevedra.blogspot.com", no que existe un comentario meu, longo, a maiores do que queda dito ó pe da primeira foto. Nesta segunda foto pódese apreciar, seguindo o basamento da casa da luz ó fondo, unha certa horizontalidade na praza, hoxe convertida en costa ladeada. A fonte que se ve cara a parte alta, era unha das fontes de cercanías instaladas en Pontevedra por Sesmeros, pró abastecemento d´auga á poboación. A rúa que arranca á dereita, na parte alta da foto é a actual rúa San Sebastián da miña moradía.
A praza da Verdura ou Feira Vella, foto histórica tomada en sentido inverso da anterior.
Esta foto corresponde ó momento de máis esplendor da praza da Verdura, un dos primeiros boscos urbáns de catalpas. Os bancos de pedra foron retirados pra non se sabe dónde. Foi a histeria des-urbanizadora do goberno local estalinista, que se valeu dos servicios de Fole, un mal arquitecto, presente a súa man na desconfiguración de cánto había de emblemático nesta cidade, literalmente arrasada.

Esta fotografía corresponde a algunha escea de Los Gozos y las Sombras. Está tomada do blog "vellapontevedra.blogspot.com". A entrada contén outras fotos. A praza, tal como aparece nesta, gustáralle moito a Torrente Ballester, que sempre gabou a digna restauración de que fora obxeto.

Pontevedra, 25.08.2011
Entrada n. 1463 do blog

Praza da Verdura, Pontevedra,
por Xesús López Fernández

O obxeto desta entrada é o de incluir, fundamentalmente, algunha das fotografías do blog "vellapontevedra.blogspot.com", de xosecas. Tamén o de denunciar, unha vez máis, o mal que se leva traballado no urbanismo pontevedrés, sometido desta volta ó Diktatt estalinista, á parida da nova economía concebida polos políticos que reconvertiron a zona vella en auténtico gulag.

Teño xa inserido no meu blog non poucas fotografías dos disparates realizados polo Bloque en mancomún co arquitecto Fole. Pero non atopo tempo pra me ocupar do reto de construir un novo blog no que inserir os miles de tomas que teño almacenadas no meu álbum Picassa do novo urbanismo destos iluminados.

No tocante á praza da Verdura haberá que decir:

1.- Actualmente xa non é unha praza, é un largo penzo e abeirado, privatizado ó servicio dos taberneiros.

2.- Non se cumpre a normativa de veladores e polos soportales, invadidos, infectados, non se pode camiñar.

3.- Os domingos funciona no espacio un rastro de miseria, no que de cando en vez aparece mercancía roubada. Este tipo de comercio é unha das improntas da economía local estalinista, especie de parto dos montes.

4.- A oficina de Terras de Pontevedra. Cen millós das antiguas pesetas pra non se sabe qué.

domingo, 21 de agosto de 2011

Como un éxodo bíblico,

Montoro, en La Razón. O peregrino, ese era o nemigo a batir polos indignados e sindicatos subvencionados. A algunhas xentes do Goberno, seguro, asustáronlle máis os dous millós de peregrinos, ou case, que acodiron a Madrid, do diverso mundo. 193 países presentes. A zETAp seguramente lle contaron o dito aquel de Stalin: ¿Pero cántas divisiós ten o Papa?. Despois da demostración de catolicidade global debe estar que non controla os esfínteres. Peregrinos de todo o mundo durante a Xornada Mundial da Xuventude. A marca España, beneficiada coas xornadas. Esteban, en La Razón. Os indignados piden garantías dunha eternidade que non discrimine por méritos, xestionada polo Estado.

Pontevedra, 20.08.2011
Entrada n. 1462 do blog
Artículo semanal


Como un éxodo bíblico,
por Xesús López Fernández


O pasado 18 de agosto daba comezo a viaxe de Benedicto XVI a Madrid, pra se irmanar cos xóvenes dos cinco continentes que agardaban por el. Xentes chegadas, ó parecer, de 193 países, incluso da China comunista. Recibido polas primeiras autoridades do país en Bararjas, ás 12 da mañá, ás sete da tarde abandonaba a Nunciatura pra acometere o seu itinerario catequético. O alcalde de Madrid entregaríalle as chaves da cidade ante a porta de Alcalá, pola que pasaría o Sumo Pontífice na compaña de cincoenta xóvenes dos cinco continentes, polas cinco portas da mesma. Os mozos agardaban expectantes o comezo da festa de Cibeles, non exenta de momentos simpáticos, como cando unha xoven asiática o agasallou cunha guirnalda que o Santo Padre non dubidou en se poñer; pouco despois probabase un sombreiro, regalo dun mozo centroamericán. Ó longo do acto foi relevante a actuación do coro e a orquesta creados pra estas XMX.

O venres tería un par de encontros, no Escorial, cunhas 1600 relixiosas, das que valorou o radicalismo na realización da súa vocación de entrega ós demáis. E mantivo un acto académico cuns mil profesores universitarios, unha lección maxistral do profesor Ratzinger, según comentou César Nombela, que na súa crónica sobre este acto di que o Papa proporcionou material prá reflexión creativa. “Ti podes se-lo protagonista da búsqueda da verdade”, comentara o Papa en Cibeles. Pero da lección maxistral agromaron varios comentarios:“Aprendín que os profesores, ademáis de ensinar, debemos amare ós nosos alumnos” (A. Alonso); “Sentín como se nos conocera de toda a vida e na súa forma de falarnos quixera saca-lo mellor de nós mesmos” (Ana Rodríguez). Polo serán tería lugar o Viacrucis, coa exposición de pasos da Semá Santa traídos de diversos lugares e co protagonismo da cruz viaxeira de Xohán Paulo II, que xa debe estar rumbo Río Xaneiro, prás XMX do 2013.

A xornada do sábado foi densa. O Papa, que promove a confesión, confesou a catro peregrinos; ás 10 da mañá celebraba misa na catedral da Almudena cos seminaristas que se preparan pró sacerdocio. Destaquémo-la visita ó Instituto San Xosé, atendido polos irmáns de San Juan de Dios, onde comparteu un encontro con xóvenes discapacitados. Cuatro Vientos, coa Vixilia anunciada prás 20 horas, foise ateigando de peregrinos dende horas antes. Paloma Gómez Borrero comentou nunha das cadeas que emitiron os actos, que o espectáculo era impresionante. E calificouno de éxodo. ¿Un éxodo de mozos e mozas cara un mundo mellor, cun sentido trascendente da vida, menos preocupados pola falacia dunha economía utilitarista que nada resolve? Nun escenario “celestial”, no que novamente estivo presente a cruz de Xohán Paulo II, en Cuatro Vientos puideron complicarse as cousas pola chuvia e fortes ventos habidos. O Papa agradeceu a ledicia e resistencia dos xóvenes, ós que na misa de envío dominical encomendaría unha posible sanación do mundo. Foron case dous millós os peregrinos que renunciaron ás súas vacaciós pra acodire a Madrid á posible cita coa gracia; pra se integrar talvez no éxodo evanxelizador, como pobo de Deus, que comentaba Paloma Gómez Borrero.

Aínda que podemos estimar que en Madrid estiveron concentrados dous millós de xóvenes de todo o mundo, talvez poidamos afirmar que se celebrou unha festa fundamentalmente española. Eduardo Verástegui, autor mexicán defensor da vida, en falando das xornadas e dos seus novos traballos, non deixou de saudar á Madre Patria, porque o español é patria de máis de trescentos millós de persoas, cristiás moitas delas gracias a España, por máis que a enxeñería social dalgús grupos (televasura incluída) tente acabar coa idea de España e, de paso, coa Igrexa; que mesmo estos días quixeron luxar o estado de alegría, gracia, e actitude de búsqueda dos que non se opoñen ó camiño por eles escollido, nen insultan.

viernes, 19 de agosto de 2011

EL VALLE DE LOS CAÍDOS

O Goberno quere cambia-lo uso do Val dos Caídos. De momento non hai nada máis que unha aproximación --¿agresión?-- á Igrexa, á que según Ramón Jáurugui poderialle interesa-la explicación do Goberno. Nese sentido tentaron falare con Tarsicio Bertone, que comentou que, no contexto das XMX de Madrid, non traen ese tema na axenda. ¿Tentarán buscare prá cruz unha solución como a do fusilamento e dinamitado do Cristo do Cerro dos Ánxeles? Esteban en La Razón. O imbécil quer entrare na Historia de España, pero que non se garde del a memoria que lle corresponde: a do peor presidente do Goberno de toda a historia española.
Caín, en La Razón. Dous "filósofos" falan de reescribi-la historia, a allea, abandonando a reescritura da nosa.

Pontevedra, 19.08.2011

Entrada n. 1461 do blog



EL VALLE DE LOS CAÍDOS,


por Xesús López Fernández

O Réxime pretende reconverti-lo Val dos Caídos noutra cousa. Están rabiosos por levantare os restos de Franco, que non deixou disposto que o enterraran na basílica. Pra moitos españoles, ésta cumpre o papel de "memorial de reconciliación", anque ós socialistas non lles guste.


Eles, reventadores da cámara santa da catedral de Oviedo, queimadores de igrexas a centos, á hora de pensar noutro uso pró Val dos Caídos poderían pensar nunha especie de museo do holocausto da guerra civil española, cruzada porque sí. Eu, que leo o devocionario de Magnificat, atópome case tódo-los días coa pequena biografía dalgún dos 500 mártires beatificaods polo cardeal Saraiva, asesinados pola horda marxista.


Certamente, son moitos máis os mártires, e ós historiadores resultaríalles interesante consultare os miles de documentos --talvez centos de miles-- da nosa guerra civil, que no Vaticano hai tempo están a disposición dos estudiosos, documentación dunha historia que se pode contar aínda mellor, aclara-lo perfil bestial das xentes da Frente Popular antre outras cousas.


Que o ignaro de ZP queira cambia-lo parte de guerra final da guerra non quer decir que a palabra cruzada non estea debidamente aplicada á nosa guerra civil. Este home quixo volver co peor do guerracivilismo, xustifica-los horrores desencadeados polos roxos.

Enlace:

domingo, 14 de agosto de 2011

XMX, Testigos de esperanza

Un dos iconos da XMX, de Madrid, en marcha.
O mar de esperanza irase conformando ó longo da semana que comeza.

Pontevedra, 14.08.2011

Entrada n. 1460do blog

Artículo semanal

XMX, Testigos de esperanza,
por Xesús López Fernández

Realmente, a XMX leva tempo en marcha. Dende hai meses viñéronse formando ríos de fe e colaboración por diversos lugares de España e do ancho mundo, cun obxetivo común: o mar de esperanza ecuménica pensado prá Xornada Mundial da Xuventude de Madrid. Onte, domingo, comezaron os actos específicamente militares na Igrexa Catedral das Forzas Armadas, ás 12,30, cunha misa rociera, unha afirmación de fe vital, oficiada polo arzobispo castrense, don Juan del Río Martín, coa participación da “Hermandad Castrense de Nuestra Señora del Rocío”. Acoden ás xornadas incluso militares extranxeiros. En Burgos, 400 xóvenes normandos están xa na Abadía de Santo Domingo de Silos, lugar de acollida de peregrinos, agardándose a arribada doutros 250, dos Países Baixos, este luns. En moitas cidades nótase a presencia de miles de xóvenes, con celebración de diversos actos.

¿A quén pode molesta-la presencia da mocedade que participa nesta marea ecuménica de esperanza por un mundo mellor? Case o 22% vanse alonxare en polideportivos e dormir sobre o chan, en sacos; un 13% en distintas parroquias e outro 12% en casas de familias de acollida. Que dende os sindicatos UGT e CCOO pretendan unha folga de metro pra poñeren atrancos á visita papal; que o grupo de “indignados” apoie a decisión sindical, según o seu comunicado público, sitúaos a uns e ós outros no puro sectarismo. Son os novos Goliaths. E non se pode reconstruire a sociedade, en bancarrota, con esas actitudes, porque a situación que actualmente vivimos é consecuencia da institucionalización da corrupción, principalmente polos grupos antisistema, tanto os entobados na propia gobernación, como as forzas esóxenas ás que lles están a marcaren a folla de ruta, os Goliaths de arestora.

A celebración do encontro ecuménico é resultado dun gran e longo traballo de voluntarios. Un increíble labor de organización e previsión, posible dende a cultura do esforzo, e así, citados telegráficamente, diremos: a cruz das xornadas, que recorreu 20000 kilómetros por toda España, está de novo en Madrid; máis de cincuenta medios colaboran coa XMX; hai 24 pontes no recorrido que vai face-lo papa; sumádevos á gymkana da XMX; o 21.08, concerto de música clásica, Mozart, Bach, co Fondo de Solidaridade; celebrade o día da XMX na vosa parroquia; misa no parque de Aluche, participada por centos de familias e voluntarios o pasado 13 de xuño; punto de información na Feira do Libro; 60 voluntarios de unomasuno.org recolleron 25 toneladas de comida pró Banco de Alimentos; o 1 de xuño foran xa presentados a Orquesta Sinfónica e Coro da XMX… Sí citarémo-la edición dun catecismo “YouCat” (Youth Cathecism), que tódo-los peregrinos van atopar na sua mochila. Un libro dinámico, con constantes cuestiós e respostas. No prólogo é definido como fascinante porque fala do noso propio destino.

É posible que moitos dos xóvenes que van estare en Madrid vaian á procura da mesma fe que un grupo da tribu H´Mong, perto de Dien Bien Fu, no norte do Vietnam, que chegaran dende Lai-Chau a certa igrexa (según conta Nguyen van Thuan en Testigos de Esperanza) despois de seis días de camiñar. Querían ser bautizados axiña polo párroco ó que lle formularon a petición. Só dispoñían de dous días porque trouxeran arroz nada máis que pra 14 xornadas. O sacerdote replicou, porque, ¿qué formación tiñan? A recibida por medio dunha emisora de radio filipina, “Fonte de Vida”, protestante. ¿Protestante e querían facérense católicos? O sacerdote, conmovido, veu no acontecemento un novo Pentecostés. Total, que aquelas xentes foron bautizadas, confirmadas, asistiron por primeira vez a unha eucaristía e comulgaron. Regresaron á súa aldea, onde os domingos, ás 9,30, daban descanso ós búfalos e seguían a misa retransmitida por radio Veritas, filipina. Anos despois, no lugar había 5000 católicos. E vexo na XMX como unha gran converxencia de novos testigos nun mar de esperanza.

miércoles, 10 de agosto de 2011

XAPONESES CARA SANTIAGO E MADRID

Foi como se pasara un regato de sorrisas, de augas mansas e impolutas, os peregrinos xaponeses que onte cruzaron Pontevedra, cos que me encontrei na rúa da Virxe do Camiño, portaban todos eles un sorriso, unha expresión de ledicia, un querer comunicárense. "Hola!", saudaban a todo o mundo. Nesta foto vanlles marcando o Camiño de Santiago, dend´o albergue da rúa Otero Pedrayo ata a igrexa da Peregrina, Antón Louro, alcalde en funciós, e Celestino Lores, o incansable divulgador e promotor do Camiño Portugués.
Nesta foto deixan atrás a praza Valentín García Escudero cara a ponte do Burgo, cara Caldas, Padrón, Santiago.... A bandeira de Xapón no adro da Peregrina. Estos peregrinos pertencen ó 0,30% da poboación nipona que profesa a fe católica. Con eles peregrinaba un bispo que pronunciou unha breve homilía na igrexa da Peregrina.

Aquí están a contemplaren, ledos, a fachada do templo, e a fotografiala.
Co sorriso sempre fácil, esta parella descansa nun momento da andaina que os leva primeiro a Santiago; despois viaxarán a Madrid, ó encontro con Benedicto XVI na XMX, se os antisistema (socialistas, 15M e sindicatos) non-o impiden.
Pontevedra, 10.08.2011
Entrada n. 1459 do blog


XAPONESES CARA SANTIAGO E MADRID,

por Xesús López Fernández

Parece que as criaturas que onte pasaron por Pontevedra levaron unha boa impresión da cidade. Antre eles non faltaban algús procedentes de Fukushima, a cidade castigada polo tsunami que afectou á central termonuclear. O bispo Pablo Koriyama, tamén peregrino nesta hora, oficiou unha breve homilía en xaponés, do que a igrexa da Peregrina vai gardar memoria. Seguro. Tamén formaba parte do grupo un sacerdote camerunés, Emile Rodrigue Eteme, que exerce en Morioka, unha zona moi afectada polo tsunami. O crego síntese parte dunha misión que ven a Europa a demostrare que o Xapón sigue vivo e preparado pra recibire visitantes. "Agora estase reconstruíndo todo i estamos aquí pra mostrare unha cara sorrinte".

Dou fe da ledicia que parecían portare tódo-los peregrinos que, francamente, non me pareceron 150 ou 140 como din algunhas noticias, senón un número sobradamente maior, como máis de douscentos, case trescentos. Todos sorrintes.

Un sacerdote mexicano, José Alfredo González Márquez, sacerdote en Sundai e Fukuxhima, explicaba: "Movémonos moito con Cáritas e conseguimos facer un centro de apoio polo que pasaron, ata o presente, 1200 voluntarios do país". O luns viaxan á capital pra lle agradecer a todo o mundo a axuda recibida.

domingo, 7 de agosto de 2011

O Papa e a Xuventude

Confiemos nos efectos benéficos da edición española da Xornada Mundial da Xuventude, aínda que algús cretinos tenten dictarlle a Benedicto XVI un discurso no que non se fale da defensa da vida, nen da gracia ou do amor; que o Papa esqueza que está en terra de mártires, presentes xa no santoral non menos de 500 da colleita da Segunda República.
Pontevedra, 7.08.2011
Entrada n. 1458 do blog

Artículo semanal


O Papa e a Xuventude,
por Xesús López Fernández


Vaise celebra-la Xornada Mundial da Xuventude, en Madrid, antre os próximos 16 e 21 de agosto, o encontro de Benedicto XVI con xóvenes chegados de tódo-los continentes. 170 nacionalidades. Trátase dun encontro dende a libertade que moitos non entenden, pode que incluso por teren perdido a capacidade de ser libres, de respetare a condición cristiá dos que así se declaren. E diríase que lles molesta que veña o Papa ó noso país. Así, Ramón Jáuregui, ministro socialista ten recomendado que o Papa non fale de España ó longo da súa visita. O ministro reiterou o que xa sabemos, que España é aconfesional e que “leis como a do Aborto, Morte Digna, Igualdade de Trato, e calquera das que regule o Código Civil no marco das relaciós no que os españoles determinan a súa vida, fainas o Parlamento, non a Igrexa Católica. É incuestionable, dí o home, pense o que pense a Igrexa. Admitimos que a Igrexa poida dá-la súa opinión, pero quen decide é a soberanía popular”.

Talvez sexa a ocasión de traere aquí o tema da reconfiguración que da man de ZP estáse a producir no PSOE español como “socialismo antisistema”, que aquí non fixo a travesía do Bad Godesberg como o SPD alemán, que abandonou o marxismo e tomou como modelo inquebrantable o Estado de Dereito e renunciou a quebralo ou sobardalo en pos de calquer obxetivo utópico. O partido socialista español desarbolou practicamente o Estado e, prá súa salvación, busca a alianza con outras forzas antisistema, búrlase da soberanía popular. Pero Jáuregui afirma que hai que apoia-lo evento da XMX, importante prá Igrexa e pra España, que poden acodir a Madrid case dous millós de persoas, feito que vai colocar ó país no centro da noticia a nivel mundial. Non poucos analistas estiman que o acto vai resultar beneficioso fiscalmente, ademáis da proiección ó exterior da “marca” España, concitadas en Madrid máis de cen cadeas de televisión. ¡Xa pode brinda-lo Goberno a cobertura necesaria pra que o gran encontro de peregrinos de toda parte non resulte perturbado polos que preparan actuaciós contrarias ó seu discurso fraterno de vida, amor e gracia!.

O cardeal Rouco dixo que non toda a mocedade que está camiñando a Madrid é xente de fe enraigañada, algús talvez cun conocemento somero sobre as verdades da fe, da Igrexa e da súa historia, que incluso poden estar bombardeados con todo tipo de calumnias e medias verdades. Pero a “xornada” é a gran ocasión pra que moitos xóvenes escoiten de primeira man aquelo que a Igrexa ten que lles ofrecer. Son moitos os que viviron en xornadas anteriores, en Colonia ou Sydney, poño por caso, o encontro real coa gracia que cambiou as súas vidas de forma radical; que hoxe viven consagrados a Cristo, nalgunha das tenzas que a Igrexa coida, como sacerdotes ou na vida monacal. A XMX resultou pra eles unha viaxe á gracia, i éste parece se-lo desexo do cardeal Rouco. Pero, insistamos, parece que moitos queren cambia-lo discurso do Santo Padre, poñerlle cancelas. Molesta que miles e miles de mozos o reciban con ledicia.

Habería que decir moito máis, especialmente da historia das Xornadas, nas que todo o mundo pode ter cabida, en libertade, pero crúzase un tema: o dos indignados, ós que o Goberno ven manexando, tolerando ou conducindo cara unha radicalización antisistema da que parece pensan obter algús réditos. E así, mentres os botaban, os manifestantes preñaron as redes sociales con mensaxes contra Benedicto XVI, ó que culparon de ser obrigados a marcharen da Porta do Sol, que sí vai acoller algús actos da XMX. Se o Goberno non quixo comprire coa lei ó longo de tres meses e medio, a culpa é del e non da soberanía popular, anoxada. Os “indignados” do 15-M, según afirma o director executivo da Xornada, están invitados a se reunir con Benedicto XVI o próximo 18. Polo demáis, á organización da XMX non lle preocupan as protestas, pero sí a crispación en torno a un encontro de amigos autofinanciado.