O mar profanado. Dibuxo fractal do autor. O Prestige, causa da gran marea do chapapote, pasou, aínda que o caso estea agora nos tribunales. Ence, en Pontevedra, é como un Prestige varado en Lourizán. E máis cousas contadas neste blog. Este artículo é do ano 2003, que recupero pró blog. Poderianse decir moitas cousas en relación coa actuación da APDR, á procura dun populismo que non chega ás raíces da corrupción, que tamén prenderon no BNG, do que a asociación, perdida a súa independencia, ven ser como unha baraza ou correa de transmisión.
Pontevedra, 29.11.2012
Entrada n. 1578 do blog
Tempo de espera, [25.1.2003]
Por Xesús López Fernández
Queríame referir hoxe ó premio Cidade de Pontevedra outorgado á Asociación pola Defensa da Ría, á que o que esto escribe pertence dende a súa fundación. Lector dos comunicados leídos no remate das dúas primeiras manifestacións montadas polo colectivo, conserva o texto dos mesmos, o primeiro deles da autoría do actual concelleiro pontevedrés de Urbanismo. Dende aquela pasaron moitas cousas e a Asociación mantén unha cifra de asociados importante –máis de catrocentos-- se ben non se teña acadado o ideal proposto na época de Fernando Martínez Sarandeses ou na de Leonor González Prieto de que non quedara familia pontevedresa sen representación na asociación que mantén as espadas en alto contra o que xa podemos chamar algo así como “o Prestige varado en Lourizán”, a empresa esponsorizadora de diversos clubes, que, como anuncia, “reforza continuamente o seu compromiso con Galicia”.
O poder, salvo diversas excepcións de carácter individual, non quixo asumir aquí os seus deberes de policía medioambiental, mesmo tentou ocultar ó fiscal do caso Ence, ó señor Gago Sevilla, testimonios e probas diversas. E botando un vistazo atrás, ano 1965, este colaborador lembra a decidida colaboración informativa do señor González Sama, gobernador de Pontevedra, e ó seu secretario agradeceu daquela volta a información sobre a normativa –o RAMINP--, que prohibía a instalación da empresa que xa funcionaba –ilegalmente polo tanto-- dende o 1963 e prá que solicitaban permiso por non teren licencia municipal. E así quedaría concretada na instancia presentada por rexistro no Concello o 23.7.65, asinada polo que suscribe e outros 22 cidadáns, a denuncia da que se reproduce agora o terceiro parágrafo: “Considerando que dicha apertura es inadmisible por cuanto las actividades de dicha fábrica se encuentran clasificadas como molestas, nocivas e insalubres en el artículo tercero del actual Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas del 30.11.1961, que es aplicable a todo el territorio nacional y que obliga, según el artículo primero, tanto a entidades oficiales como a particulares, públicos o privados.....”
Algús políticos teñen entrado neste tema, mesmo pra non faceren nada, cecais porque a mesma falta de conciencia ecoloxista que agora se da co tema do Prestige --que non se quer chegar a determinar certas culpas— douse aquí en todo tempo. ¿Qué importan o discurso de Sánchez Presedo no Malvar, ano 1989, con motivo das europeas, ou o de Fraga, decembro do mesmo ano, co gallo das autonómicas, se todo sigue igual en Lourizán? Marcara unha certa distancia o dito por Barreiro Rivas sobre un posible cerre do complexo, ou algunhas das actuaciós de Cuíña, agora dimitido, por exemplo a súa intervención como presidente da Diputación pra que o CIE non se instalara no Centro Forestal de Lourizán, como tamén a constitución do comité científico nos primeiros 90, un número de circo máis que outra cousa. Caído agora en desgracia o señor Cuíña, é case seguro que o PPdeG perde gran parte do seu tiro populista/galeguista; que a súa dimisión é consecuencia do que Xavier Navaza denominou “A caza do galeguista” ou Beiras atribúe a unha loita antre galeguistas i españolistas no PPdeG.
Do que non se queren dar conta no PP é de que a reacción que en Galicia se produceu como consecuencia do afundimento do “Prestige” é xa unha marea democrática e galeguista que demanda soluciós inmediatas e concreción de culpas alén da cuestión das facturas das empresas do conselleiro. A falta de color no asunto do “Prestige” pode ser, realmente, algo que naceu hai xa tempo da falta de sensibilidade ambientalista do franquismo, que no propio franquismo se puido ter rectificado. E, xa nos tempos da transición, poucos quixeron asumi-los seus deberes, suponse que sometidos ós grupos de presión neoliberal. A Cuíña parece que non-o deixaron actuar en máis dunha ocasión. E orfo o poder dun claro referente ecoloxista –aínda tendo consellería do Medio Ambiente--, a APDR non debe cesar no seu labor testimonial. Cecais teña que abrirse un pouco máis xa que nas súas marchas sobre Lourizán participan moitas xentes que non están na asociación, que saben que o do “Prestige” alí varado é certo, que estamos a falar de casos asimilables. Á política en xeral fáltalle un certo fervor ecoloxista e moitos o van pasar mal no tempo electoral que chega, se non se convirten, porque a Ecoloxía é un deber de todos e a moral pública dos novos tempos ou é ecoloxista ou non é moral, algo que parece evidenciarse coa involución da Comisión de investigación. Os votantes ecoloxistas agardamos compromisos claros. Nunca máis mentiras.