domingo, 24 de agosto de 2014

Cara un novo tempo electoral

Pouco a pouco vaise abrindo unha certa esperanza de recuperación do espacio da fotografía. Se os políticos queren exerceren en clave de Estado de dereito, incluso a avenida que xa se apuntaba nesta foto dos anos cincoenta debería desaparecer, conforme ós criterios de inviolabilidade do que está definido como dominio público marítimo terrestre, có que incluso o propio Fraga quixo acabare. Ós políticos se lles presenta agora unha papeleta difícil porque tódo-los que teñen o seu pesebre no Concello pontevedrés carecen de discurso ecoloxista.

Pontevedra, 25.08.2014
Entrda n.1776 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Cara un novo tempo electoral,
por Xesús López Fernández

            É sabido que as rías baixas son espacios sensibles, de augas case-entrópicas, decía hai xa moitos anos o doutor Buenaventura Andreu, e afirmaba o home, como exemplo da pausada renovación das súas augas que, nunha única ocasión, depositaran unha sustancia contaminante no estreito de Rande. ¿E qué pasou…? Que un ano despois a sustancia seguía presente naquel medio.  A pesar de testimonios como éste poderiamos decir que non parece se teña actuado, ás veces, cun mínimo respeto, tanto á hora de acometer certas realizaciós urbanísticas como de promove-lo asentamento irracional de certas industrias, pensadas como enclaves colonialistas de vertedeiro que acabarían, en gran parte, coa riqueza primaria das rías ó non estare controlada a súa contaminación. Tamén ó ter comprometido a dinámica das augas, algo que, dacabalo do ESCORP (o Estudio da Contaminación da Ría de Pontevedra), conoceuse, presuntamente, de forma cabal.

            Pero así como a primeira parte do estudio foi difundida, a segunda permaneceu agochada ata que certo avogado dou co tobo onde a tiñan escaqueada, algo que parece ser práctica frecuente. Como fose, o estudio mostraba a gravedade dos vertidos de mercurio, na primeira parte algo máis de 13 gramos por tn de cloro fabricada. Na segunda parte, a cifra aumentara e pasaba dos 17 gramos. Desconozo se a Administración propuxo de novo estudios cabales como o citado, pero sí que se ten ocultado información, como o resultado dos análisis dunhas mostras tomadas pola Policía Autonómica, o 8.11.2004, no entorno da depuradora d´Os Praceres, tres mostras dunha mancha grasenta, de tono grisallo e pastoso, concentrada en forma de “pelotas”. O asunto permaneceu tapado ata o mes de maio do 2005, rescatado dos arquivos da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Control do Medio Mariño, de Vilaxoán, determinara a presencia nas ditas mostras de endrín, unha sustancia que se usa como insecticida, contaminante de primeiro orde e canceríxeno de contacto. En fin, mala veciña esta edar d´Os Praceres, sentenciada.

            O Concello de Pontevedra foi xa emprazado hai tempo pró cambio de ubicación desa infraestructura, aí montada en contra da Lei de Costas, art. 44.6, que prohibe a instalación de depuradoras de augas residuales na ribeira do mar, unha das agresiós das marismas de Lourizán. Aínda que financiada nun 80 por cen pola UE, non deixa de sere ilegal. E cando xa debía estar estudiado o seu posible traslado xogan algús coa afirmación da imposibilidade do mesmo. Pero, non, debe ser viable a reubicación, si se quer, como ten apuntado Agustín Fernández, concellal socialista, ó pedirlle ó Bloque que impulsase o PXOM, pero reservando un espacio prá nova edar no caso de que teña que ser cerrada a actual de Lourizán. Construída en terreo concesional da vella Ence non segregado, afirma. A. Fernández ten indicado que o Axuntamento de Pontevedra sabe dend´o ano 2010 que a edar carece de concesión e que Costas indicoulle naquel momento que terían que irse en cinco anos, tal como se indica na sentencia dictada pola Audiencia Nacional.

            Vai facer un mes que se dou a conocere a sentencia do Tribunal Supremo desestimatoria dos recursos de casación do MARM i ENCE contra a sentencia do 19.05.2011, que agora adquire o carácter de firme e pola que se ordeaba ó Ministerio incoa-lo expediente de caducidade de ENCE. Incluso, antes de se produci-lo trasacordo, Rosa Aguilar comentara que non se ía recurrir en casación e sí incoa-lo expediente. Pero pasados tres anos, agora son outros os que deben actuar. O PXOM, cunha Axenda21Local cabal, podería ter sido o instrumento prá recuperación de gran parte do capital natural desta cidade i entorno. Nos temas propostos, edar, Ence, os partidos presentes no Consistorio teñen un tema pra facer boca, pero non se intúe que nengún deles teña un faraute, un faraldo prós novos comicios, capaz de ilusionar a nadie. No camiño, parece perdida a conciencia ambientalista.  

jueves, 14 de agosto de 2014

Claustro dos Capuchinos, Monreale

















 Son todas fotografías do claustro dos Capuchinos, en Monreale, perto de Palermo, onde tamén existen enterramentos momificados.

Pontevedra, 15.08.2014
Entradan.1775 doblog


Claustro dos Capuchinos, Monreale,
por Xesús López Fernández

Limito esta entrada á presentación das fotografías, en parte como forma de llas trasmitire ós amigos  no canto de facere remesas individualizas de arquivos demasiado pesados. Procurarei facer outro tanto coas fotos da Capela Palatina de Palermo. A verdade é que vou deixando pasar moito tempo e que éste tiña que ser xa un tema liquidado, pero non. Sicilia sigue na miña lembranza. Tería, si acaso, que acompañare esta mostra d´hoxe dunha maior información, porque nos capiteles está gran parte da historia da salvación; de cómo o poder normando e os artistas árabes ou alarbios puideron cristalizare as obras de arte que hoxe ornan non poucas cidades de Sicilia, especialmente a capital, Palermo. 

Un saúdo especial prós compañeiros daquela viaxe, 10/16 de Xuño, cando o Etna entrou de novo en actividade.

  


domingo, 10 de agosto de 2014

Ébola e miserias

O estado de saúde do padre Pajares é delicada i está vivindo momentos decisivos, loitando contra a terrible enfermedade.  O padre é todo un referente en Liberia, 50 anos entregado ós máis necesitados. 

Pontevedra, 11.08.2014
Entrada n. 1775
Artículo semanal

Ébola e miserias,
por Xesús López Fernández

            A pasada semáa foi noticia tensa o traslado a España dun enfermo de ébola, o toledán padre Miguel Pajares, da Hospitalaria Orde de San Juan de Dios, a obra do granadino San Juan de Dios reconocida en máis de corenta países polo sobrenome italián de Fatebenefratelli, “os irmáns que fan ben”. O home, que con 75 anos de edade seguía traballando de forma leda e comprometida cos máis necesitados, é unha das seis persoas que estaban ailladas dend´o un de agosto no hospital de San Xosé de Monrovia (Liberia). Tiña pensado regresar a Madrid no próximo mes de setembro. Agora foi necesario trasladalo, nunha situación extrema e cuestionada, cando a OMS ven de declara-la situación de emerxencia pública sanitaria internacional, na que o importante é interrumpi-la cadea de transmisión da enfermedade, según declaraciós da responsable da OMS, que tamén aclarou que o ébola pódese curare e que o importante é que os infectados sexan conducidos inmediatamente a un hospital.

            O hospital Carlos III, onde está ingresado o padre Pajares, dispón xa do medicamento experimental. El e outros misioneiros españoles infectados parece que permanecen estables e que a súa saúde non ten empeorado. Vergonzosamente, pró regreso do padre Pajares tense considerado a posibilidade de pasarlle a factura á Orde de San Juan de Dios, algo que Xosé Luis Barreiro Rivas define como miseria humáa e política que subxaz tras esta actitude douda, xangal, como tamén a terrible e consecuente presunción de que a inmensa maioría dos españoles desconocen que a mencionada orde, exemplo de solidariedade i entrega é un dos timbres de gloria deste país, que tería de se sentir orgulloso das súas ordes relixiosas, e nunca se ten perguntado qué farían Francia, Alemania, Inglaterra ou os Estados Unidos (sóo Italia se nos pode comparare) se das súas xentes e dos seus sabios tivesen agromado os xesuítas, os dominicos, os mercedarios, os xerónimos, os carmelitas descalzos, os agostiños recoletos, os hospitalarios de San Juan de Dios e tantas outras instituciós que foron cumio do servicio, erudición e caridade en todo o mundo. 

            Coido que Barreiro acerta cando dí que esos sentiríanse en débeda do seu labor. Pero ós nosos políticos e analistas, ignorantes onde os haxa, doulles por converti-la descristianización na imposible identidade de España. Pode ser unha impronta que tentan marcare os propagandistas do laicismo radical, no que desta volta parece abrevan moitos dos que fan carreira na política e que, doutro xeito, non terían emprego. Por eso andamos decote con estas estupideces e a ministra Ana Mato arrandeouse ó cuestiona-la asunción polo Goberno dos gastos da viaxe do padre Pajares. Finalmente, o Goberno actuou correctamente, aínda que quede un certo tufo porque temos sustituído os valores de sempre por trapalladas “correctas” que a nadie convencen.     

            Según comenta outro articulista, Paco Sánchez, o pobre do padre Pajares ten cometido varios erros imperdoables. Un deles o de ser vello, pois é case seguro que ninguén discutiría a repatriación dun rapaz ou dunha rapaza que andivesen por alí turisteando a pobreza, sen ánimo de permanecer, e aí está o segundo erro: que se fixo vello consumindo cincoenta anos, enterrando a súa vida alí. Se se tivese convertido en deportista de elite ou tivese gañado algunha bota d´ouro ou unha copa do Mundo, tragueriámolo doutro xeito. Pero, non, nestos cincoenta anos o padre Pajares tense dedicado a coidare a xente que nadie quería, por ser misioneiro, o seu erro terceiro. Pode que a algús caladiños lles pareza inmoral tanto lío por un misioneiro católico e a costa do erario público. Outros perguntámonos se non é o erario público o que satisfaz o gasto do traslado aéreo dos políticos en campaña. ¿Non terían que paga-los partidos?

addenda: o padre Pajares finou esta mañá, 12.08.2014. Noticia de El Mundo

O BNG, no parlamento galego

O presidente de Autoridade Portuaria, que debe estar a renovare os seus paseos con Rajoy por sendas    de Ribadumia, ha estar presuntamente a lle comenta-los seus plans prá non execución da sentencia que obriga a levantare os recheos deshonestos que alí se levan feito, co contubernio de todos, tamén do BNG que, aínda que calado e cun Lores vocal da Autoridade Portuaria, sabía o que estaban a posibilitaren ó tempo que miraban pra outra parte.

Pontevedra, 10.08.2014
Entrada n. 1774 do blog


O BNG, no parlamento galego,
por Xesús López Fernández

Ó Bloque hai tempo que se lle acabou o discurso basado no catón ecoloxista, a súa permanente mentira en tempo electoral. Presuntos cómplices da permanencia na ría de Ence, Elnosa, Holcim e Malvar (as dúas últimas xa non están e contra Ence (presuntamente sen concesión)  está agora en vigor a sentencia de Maio do 2011; responsables igualmente na construcción da edar de Os Praceres á par que da construcción do ferrocarril ilegal, que Lores coinaugurou con Fraga, Cuiña e Tonecho, con máquina Mikado (como xinetes do Apokalypsis), permanecen calados como putas cando coas sentencias que se van producindo poderiamos estar marcando unha alborada de esperanza gracias ós Defensores da Praza de Os Praceres e a Salvemos Pontevedra, a asociación que no 2004, o 14 de Xaneiro, entregou unha folla de ruta ó alcalde pontevedrés que non é pontevedrés prá posible (cada días máis) recuperación do dominio público marítimo terrestre que, sen os políticos doudos que nos tocou sofrire, sería de cada volta máis inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación, como correspende, algo posible sen os que fan traición sistemática dos seus deberes.

Un diputado do BNG, Daniel Rodas, posible verso solto na organización, acaba de presentare no parlamento galego a petición pra que a Xunta execute a sentencia do TSXGalicia de levanta-los recheos. Noticia do Faro de Vigo, 10.08.2014. Claro que ésa non é a política do BNG, que nunca, nunca, máis alá das pancartas, tivo política ecoloxista.  

    

domingo, 3 de agosto de 2014

Ence, a sentencia

Ence, o enxendro, debe estar sen concesión dend´o 2003 ou máis atrás. O Marm debería ter incoado expediente de caducidade da concesión por sentencia da Sala n. 1, Contencioso Administrativo, da Audiencia Nacional n. 1, de maio do 2011. Recurrida en casación a tal sentencia, no pasado mes de Xullo quedou desestimado o recurso, razón pola que a Sentencia do 2011 pasa a ser firme.

Pontevedra, 4.08.2014 
Entrada n. 1773 do blog
Artículo semanal que non vai aparecer en nengún periódico de papel.

Ence, a sentencia,
por Xesús López Fernández
           
            O 11 de xullo do 2014 era asinada pola Sala do Contencioso-Administrativo, sección Quinta do Tribunal Supremo, sentencia desestimatoria do Recurso de Casación n. 5219/2011 interposto pola Administración Xeral do Estado e polo Grupo Empresarial Ence, S.A., contra a Sentencia dictada pola “Sección Primera de la Sala de lo Contencioso-Administrativo de la Audiencia Nacional en fecha 19 de mayo de 2011, recaída en recurso nº 823/2010, sobre medio ambiente---“, pola que se estimaba recurso interposto pola Asociación Salvemos Pontevedra. No fallo da nova sentencia afírmase que non ha lugar ó recurso de casación n. 5219/2011 interposto pola Administración Xeral do Estado e polo Grupo Empresarial Ence, S.A. O recurso é desestimado na súa integridade e as partes recurrentes condenadas ó pago das costas.

            A sentencia de maio 2011 é agora firme, algo que parece non está de todo entendido, tendo sido a nova sentencia obxeto de noticias contradictorias ó longo da pasada semáa, como se o que se dí en ambas sentencias non estivese meridianamente claro. O 25 de xullo estaba en poder das partes interesadas a  desestimatoria do recurso de casación. I en Salvemos Pontevedra tomouse a decisión de presentala ós diversos medios de comunicación, en roda de prensa, o martes 29.07.2014. Vese, sen embargo, que alguén intentou promovere unha nova ceremonia da confusión, valéndose a tal fin dun medio serio que parece aínda non rectificou a patada informativa que daba o 26.07.2014, contradecindo ó propio Tribunal Supremo, así:  “El Supremo revoca el fallo que ordenó paralizar Ence”. ¿Pero cómo se pode reconvertire unha sentencia que lle dá o carácter de firme e non recurrible á sentencia do 2011 en algo totalmente contrario? ¿Por qué xogan esquizofrénicamente con información sensible como ésta?

            Ó longo da roda de prensa de Salvemos Pontevedra, o presidente  tivo ocasión de facer historia da asociación e de aclarare cómo están as cousas neste momento, que mesmo pode ser ilusionante se pensamos en clave de recuperación total das marismas de Lourizán, que son dominio público marítimo terrestre que hai que rexenerar pró disfrute dos cidadáns, pra recuperalo mesmo como zona de marisqueo. Contra os pesimistas que negan esa posibilidade ou que poden mesmo estar a pensaren no solar, hai que manter esa posibilidade pra un futuro non lonxán. Gracias ó labor de Salvemos Pontevedra, hoxe están xa libres de concesiós os espacios que ocupaban a constructora José Malvar ou Holcim, ésta sempe sen concesión nen licencia municipal, mentres a Administración miraba pra outra parte. Con Ence sentenciada, agora correspóndelle á Administración incoa-lo expediente de caducidade da concesión.Tamén están sentenciadas Elnosa e mai-la edar d´Os Praceres, existindo en ambos casos recursos de casación pendentes de resolución. 

            No caso da edar, o Concello foi requerido polo ministerio, hai uns anos, pró cambio da súa ubicación, sen que teñamos conocemento de nengunha actuación restauradora cando o prazo debe  estare acabándose. Francisco Díaz mostrou na roda de prensa o icono de Salvemos Pontevedra, un puzzle ó que lle falta unha peza. Esa peza corresponde ó dominio público marítimo terrestre hoxe agredido. E a ría non está enteira mentres non recuperemos ese espacio. Coa sentencia agora firme, pode faltar menos. A folla de ruta da asociación está clara i é conocida pola clase política local dend´o 14.1.2004, pouco despois de ter nacido Salvemos Pontevedra. Claro que os políticos teñen escasa memoria máis alá das súas afirmaciós en clave ambientalista, en tempo electoral. Pode que agora teñan que toma-los seus deberes máis en serio, como leva feito a asociación. Polo pronto, Rajoy ven de afirmar, o pasado venres, que a Xusticia é igual pra todos.  A ver si é certo, como Salvemos Pontevedra quer.