domingo, 27 de abril de 2014

Ante as elecciós europeas

Arias Cañete, número un do PP nas elecciós europeas parece disparar con máis munición que Elena Valenciano. O home lembra a herencia do PSOE que, dende distintas tribunas, sigue a falare dos dereitos sociales. ZP, premio Pluma do cuadrilátero gay, lesbianas, transexuales e bisexuales, chegou afirmar que ben lle gustaría a el ter izado na Moncloa a bandeira do Orgullo Gay, a bandeira da Sodomía e que a auténtica marca España ante o exterior era, nestos momentos, o matrimonio antre homosexuales. Coñas aparte, a min gostariame que Arias Cañete nos aclarase o porqué da reforma da Ley de Costas do 1988, qué aviesa intención tiña ó dare esos pasos; ou tamén que nos aclarase o PP por qué, cando unha comisión de eurodiputados (na que estaba Millán Mon, pontevedrés) cursou visita ás rías galegas non se achegaron a ve-la situación terminal na que se encontra a ría de Pontevedra. Algo cheira mal neste asunto, como se o Estado fose xa máis dos clústers que dos cidadáns. O curioso é que, perdida a confianza dos cidadáns, os partidos nos predican recetas que sabemos van perpetua-lo fracaso ó que nos someteron. 

Pontevedra, 28.04.2014
Entrada n. 1757 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Ante as elecciós europeas,
por Xesús López Fernández

            Comezou a marcha atrás cara unhas elecciós que se presentan espesas de sombras que, máis ou menos escuras déixannos cegatos pra ver claro a quén debemos votar ou si debemos votar. Os pronósticos non están claros e parece que a abstención vai ser maioritaria. Dise que vai haber empate antre os partidos maiores, pero como a enquisa real vaina marca-lo reconto das papeletas, apuntan algús que podería haber sorpresa, que moitos desexan. ¿Pero qué poden face-los partidos menores, posiblemente os que poden brindar nesta campaña a mensaxe da rexeneración necesaria, un clamor refrescante? Claro, a xente, cando vota pensa en clave de “voto útil”, i eso lastra a opción dos menores, mais tamén hai que sopesa-la inutilidade do voto ós maiores que, aínda que representados en Europa dende que existe a UE, a súa campaña desta volta xa non vende, porque son  moitos anos de crisis e, cando deberiamos ter unha economía saneada, parece non somos capaces de crear riqueza e a débeda exterior ameaza con sobarda-lo 100 por cen do PIB.

            A ese endebedamento referiase non hai moito Aleix Vidal-Quadras, candidato por VOX, no seu blog “No pisar las flores” ó falare do sobrepeso que, problema certo prá saúde das xentes, especialmente cando sobrevén a chamada “gordura mórbida” que apunta a unha esperanza de vida máis corta i é certamente incapacitante, no sentido de que tamén esa patoloxía pode afectare ós Estados cando a súa estructura institucional e administrativa está inflada i é dabondo complexa, daí que o seu déficit i endebedamento cheguen seren excesivos e perdurables no tempo. España, dí Vidal-Quadras, está aqueixada dun serio desequilibrio nas súas contas públicas que parece imposible correxir i eso obrígaa a camiñar e a se mover lastrada por unha farda que a volve ineficiente e torpe. E sobardado o déficit programado pró 2013 do 6.50% do PIB, a UE prevé o mesmo volume de exceso pró 2015, o que indica que non cree posible para-lo endebedamento  crecente de España a corto prazo.

            Non se quixo acomete-la reforma a fondo das Administraciós coa fin de rebaixa-los recursos nas mans do Estado nen baixa-los impostos, sobre todo os directos. A urxencia dun adelgazamento e unha simplificación do noso entramado estatal é un clamor de hai moitos anos, pero os partidos establecidos non se dan por enterados nen queren alivia-la carga fiscal sobre particulares i empresas (que ameaza a propiedade privada), e permiti-lo aforro e subseguinte inversión, que é máis problema a falta de aforro que non a debilidade do consumo; que como o Goberno non fixo o diagnóstico correcto xa non é cousa de dieta, é a hora de entrar no quirófono. Noutras entradas do seu blog, Vidal-Quadras insiste nas recetas prá salvación e tamén na denuncia da impotencia do Goberno pra sair da inercia do zapaterato pola teima recaudatoria i esquilmadora do sofrido contribuínte no canto de rebaixa-lo gasto das Administraciós. Tanto esforzo e risco por nos liberare do dogal socialista e seguimos asolagados na voracidade dun Estado que nos arruína. Despois de tanto engaño a xente pódese sentir estafada e decidirse a cambia-lo sentido do seu voto. 

            Cando na Francia os sondeos dan como gañadora nos comicios europeos a Marine Le Pen como voto de castigo ó partido socialista de Hollande, en caída libre, en España, máis alá dunha posible fin do bipartidismo, non se sabe aínda qué vai pasar. O electorado móvese dend´o medo, dubidoso das arengas dos diversos grupos, especialmente dos que levan anos e anos sen cumpriren coas súas promesas. Parece que Ciutadáns e Unión de Progreso e Democracia van multiplicare por tres ou catro os seus votos das elecciós anteriores e que Javier Nart, de Ciutadáns, é o lider máis valorado. E se no noso país sobran un tercio dos políticos e o Senado diríase que é innecesario; cando a Xusticia parece mediatizada; cando as autonomías teñen non pouco de lastre, a xente quixera votar por unha política rexeneracionista, algo que non entra nestas elecciós nas que nos están pedindo o voto persoas ás que os cidadáns teriámoslle de demandare un balance da súa presencia no Parlamento europeo, antre 700 diputados, setecentos, setecentos, setecentos. ¡Qué horror!

domingo, 20 de abril de 2014

Pra renova-la faz da Terra

Foto do cenáculo, o lugar da última cea; o lugar tamén onde os discípulos se acobillarían nos días da Pasión; o lugar tamén onde Xesús se lles terá manifestado en diversas ocasiós; o lugar no que o Espírito Santo se manifestaría no día de Pentecostés; o lugar da primeira igrexa; o lugar onde presuntamente se celebrou o primeiro concilio. Pero o enlace que sigue dávos opción a ver un vídeo de realización dos franciscáns, os celadores da Terra Santa, que explican moito máis. CENÁCULO, ÚLTIMA CEA (watch)

Pontevedra, 20.04.2014
Entrada n. 1756 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra


Pra renova-la faz da Terra,
Por Xesús López Fernández

            O cardeal F. X. Nguyen van Thuan encabeza co citado título unha das meditaciós propostas nos exercicios predicados á Curia de Roma, na Pascua do ano 2000, a petición de Xohán Paulo II. O cardeal vietnamita, autor de diversos libros de piedade, avisa en “Testigos de Esperanza” do gran peligro do relativismo como dogma político, algo sobre o que se ten pronunciado Benedicto XVI, e de cómo a Igrexa, da man do Espírito Santo, ten que asumir non poucas tareas. Comeza o home a meditación coa cita de que non hai moitos anos, nunha entrevista da televisión francesa ó arzobispo de París Jean-Marie Lustiger, o periodista que o interrogaba fíxolle estas preguntas: Señor cardeal, cree vostede na existencia do demo? …Sí, sí, creo, foi a resposta. ¿Pero nunha época de tantos progresos científicos e tecnolóxicos, vostede sigue creendo na existencia do demo?... Foi a repregunta. Sí, sí, sigo creendo nel, foi a nova resposta…¿Ten visto ó demo?, volve o pesado do periodista, Sí que o teño visto, ¿Dónde?, ¡En Dachau, en Auschwitz, en Birkenau!. Daquela, o periodista quedou calado. E continúa Nguyen van Thuan:

             Se a mín me preguntasen se teño visto ó Espírito Santo, diría: Sí que o teño visto, ¿Ónde?, Dentro da Igrexa e fóra. O cardeal fai inventario dalgunhas das calamidades do século XX, con dúas grandes guerras, conflictos étnicos, xenocidios e loitas sanguinarias. Nunca tanta mortandade, por non falare das guerras ideolóxicas. A Igrexa ten sofrido crisis e defecciós, consecuencia da descristianización e secularización, como que a barca de Pedro puido mesmo terse afundido. Pero, sen embargo, houbo unha constelación de papas que, como León XIII, Pío X, Benedicto XV, Pío XI, Pío XII, Xohán XXIII, Paulo VI, Xohán Paulo I, Xohán Paulo II, que acaso nengún país do mundo tivo dirixentes de semellante altura moral, santidade e competencia, o que apunta a que o Espírito Santo estivo guiando e guía o seu maxisterio. Tamén a Benedicto XVI e Francisco I, que volve a súa mirada ó  Vaticano II, cuia posta en práctica pode trae-lo aggiornamento, a renovación  necesaria.

            O asentamento da Igrexa e o seu crecemento non sería posible sen o Espírito Santo. Ignazios Hazim, patriarca ortodoxo de Antioquía, decía en relación coa acción do Espírito Santo na Igrexa, en Upsala, xa no 1968: Sen o Espírito Santo, Deus está lonxe, Cristo está no pasado, o Evanxelio é letra morta; a Igrexa, unha simple organización; a autoridade, unha dominación; a misión é propaganda; o culto, unha evocación, e o obrar cristián, unha moral de ecravos […] Pero n-El…. Cristo resucitado está aquí, o Evanxelio é forza de vida, a Igrexa quer decire comunión trinitaria, a autoridade é un servicio liberador, a misión é un Pentecostés, a liturxia é memorial e anticipación.... San Xohán Crisóstomo afirma que os apóstolos non baixaron do monte como Moisés, con táboas de pedra; saíron do cenáculo co Espírito Santo no corazón, ofrecendo por todas partes tesouros de sabedoría e gracia.

            Nguyen van Thuan cóntanos de cando un párroco novo do Vietnam do Norte ve chegare a un grupo da tribu H´Mong: ¿De ónde vindes?, pregúntalles, Vimos de Lau-Chau [Dien Bien Phu, onde foran derrotádo-los franceses], temos camiñado seis días polas montañas, ¡Meu Deus! ¿Pra qué?, inquire o sacerdote, Queremos ser bautizados axiña, ¡Imposible! No voso pobo non hai cregos, nen tampouco catequistas e non conocéde-la relixión nen as pregarias, Témolo aprendido todo dunha radio de Filipinas, aclaran. Pero, ¿qué radio?, non hai nengunha emisora católica que transmita no voso dialecto, ¡Ten sido a radio “Fonte da vida”!...., Pero si é unha radio protestante, ¿e vindes aquí facervos católicos?, qué sorpresa, di o párroco que, conmovido, exclama: ¡Un novo Pentecostés, o Espírito Santo!. O grupo non dispoñía nada máis que de dous días. Xuntaran arroz pra doce días de camiñata e prós dous  de estadía co sacerdote, que arriscou. Examinounos, foron bautizados, recibiron a primeira comunión e a confirmación. Xa de regreso, os domingos, pra oi-la misa que emitía radio Veritas, de Manila, ás 9.30 da mañá, daban descanso ós búfalos nos campos de arroz da nova economía. Esos novos bautizados leváronlle a fe a outros 5000 veciños. O Espírito Santo sabe dos tempos prá renovación.

domingo, 13 de abril de 2014

A ideoloxización da lingua

Creer que o galego é un portugués non "evoluído", como din os talibáns da lingua, levounos a xogaren co idioma de Galicia, a involuílo ou deturpalo por canta vía se lles ocurre e como se fosen padres da patria. Antre as normas espúreas por eles inventadas e o Diktatt do lobby editorial que non acaba de levantare cabeza, que pensan que poden vender máis cando moitas das súas aventuras acabaron en claro fracaso, están a inventaren de cada volta novas agresiós. Non hai moito que editaron un "dicionario", con recomendaciós deshonestas de uso de certas palabras que nunca estiveron na nosa lingua e doulles ademáis por suprimiren os grupos consonánticos cultos (cc, ct, pt), impoñendo pola contra verbas sen tradición na fala e que definen o seu espírito esquizoide, como "obxecto, adxectivo, proxecto" algunhas de tantas que lles axudan na conversión da lingua en pura farsa. Ou opereta. Sigue o artículo, que podería ser máis longo, pero seguro que o que nel poida faltare xa está contado no blog, por activa ou pasiva, nalgunhas das moitas entradas que van sobre o idioma galego.

Pontevedra, 14.04.2013
Entrada n. 1755 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra 


A ideoloxización da lingua,
por Xesús López Fernández

            Hai poucos días que unha poetisa galega, Yolanda Castaño, decía algo que, aínda que reiterado,  non deixa de ser crítica cabal. As súas declaraciós sobre o idioma galego, ó que a autora ve como demasiado politizado, parecen oportunas. Dende hai tempo entendo que están a primaren unhas pautas que non están feitas prá nosa lingua milenaria; unha actitude prá conversión do idioma popular en arma ideolóxica ó servicio, precisamente, da súa propia deconstrucción. Non hai que facer outra cousa que colle-los vellos diccionarios, buscar neles palabras que sabemos son nosas e logo repeti-la pescuda das mesmas no “dicionario” da RAG, unha das ferramentas que lle vale ós promotores das normas da deriva.  Así como a RAE “limpia, fija y da esplendor” ou que, como non hai moito sinalaba Gloria Lago “un labrego toledán fala as palabras que tamén conveñen ós académicos”, en Galicia existe un divorcio crecente antre o que é léxico popular e o estándar inserido no referido “dicionario”.

            Cando se comezou cos primeiros pasos da deriva diferencialista, xa por teren os “enxeñeiros” complexo diglósico, xa por alcumar como lingua deturpada á fala enxebre, non se quixo caer na conta de que esa fala estaba evolucionada dabondo como pra ser dotada dunhas normas ortográficas máis intelixentes que as paridas nos últimos anos. Era o momento de ter madurado o consello do Padre Sarmiento: “Facede o idioma a partir da fala”. Mais non se quixo actuar con prudencia, nen tampouco houbo unha reacción de defensa dend´a Administración contra a imposición dende cofradías reintegracionistas e outros campanarios como a Mesa, que se atribúen unha “autoritas” da que carecen. Deixo dito “cofradía” con toda intención, palabra que xa non está no “dicionario da RAG”, pero que ten máis uso que ese extraño “confraría”. Teño oído, sí, “confradía”. Eladio Rodríguez, que inclúe “confraría” como variante no apéndice do seu Diccionario Enciclopédico, neste recolle, na terceira das entradas pra “cofradía”, forma que recomenda, as seguintes variantes: “confradía, cofradaría, cofradeiría, confradeiría, gremio”. Prescindo do resto da entrada, que dá pra un folio, e detéñome en dous refráns que cita: “Nas confradías non faltan ás veces as picardías. Nin fagas porfía nin entres en confradía”.

            Son moitas as palabras ou verbas que van caíndo do último “dicionario” da RAG. Así, virta (seara), farca (fame), moliña (orballo), gracias, xusticia, faraute, faraldo, desgracia, evanxelio (decimos evanxelista, evanxelizado, evanxelización), senro, marcido, conocer (con máis uso que coñecer), artículo (decimos articular, articulista, articulación, como indicaba Lugrís), maré, candorza, roteo (rolda), xirio (rolda), madarrón, mallón, cemba, cembo, cembada, ruleiro, sibadeiro, valago, magalón, alomear…. Seguro que son miles as palabras que, como éstas, xa non están no “dicionario" da RAG, que foron desterradas por puro diferencialismo polos novos ideólogos da lingua. Algunhas sí aparecen no  novo “corpus”, moito decir, pero prohibidas. Non extraña que moitos rapaces e rapazas galegofalantes cheguen ós institutos e se atopen co deturpado moderno que falan algús profesores non instalados no idioma e que suspendan. Vergonzoso.

            Imos deixar un recado en relación co uso das palabras padre ou madre, como formas de respeto, vivas no idioma popular: “O que non cree nunha boa madre, cree nunha mala madrasca”, Madre Tereixa de Calcuta, Padre Sarmiento.. As formas “nai, mai”, teñen un sentido máis íntimo, de máis proximidade. Nas preces da Igrexa resulta lastimoso o uso de pai ou nai no canto de padre ou madre, especialmente nas invocaciós: “Padre, escóitame!”, que parece a forma correcta. E deixamos aquí estos apuntes retomando o exemplo da RAE, a situación de privilexio dos castelán e hispanofalantes por teren unha Academia que fai de notario das súas creaciós, modificaciós e asimilaciós, da situación do idioma como creación social, lonxe da imposición ideolóxica que se dá en Galicia dos inventos do laboratorio da RAG. Non parece haxa un futuro claro pró idioma. Os políticos, que non-o toquen, que morre.  


viernes, 11 de abril de 2014

Vejer de la Frontera









 Se non me confundo, as fotos anteriores son de Medina Sidonia. No entorno das ruínas da parte alta procurei o 23.06.2013 as herbas necesarias pra prepara-la auga de San Xohán. As seguintes fotos corresponden a Vejer de la Frontera, un de tantos lugares brancos con encanto na provincia de Cádiz.

































Houbo unha bruxa chamada Morgana da que se namorou don Merlín que, enfeitizado, desapareceu coela suponse que pra ser retido en acobillo soterraño.Do home, que se entendía tiña máis anos que Matusalén, nunca máis se soubo. Morgana pode que algo teña que ver coa casa da fotografía.  

Pontevedra, 11.04.2014
Entrada n. 1754 do blog


Vejer de la Frontera,
por Xesús López Fernández

O interese desta entrada limítase fundamentalmente á pesentación das fotografías inseridas e non vou elaborare nengún texto especial prá ocasión. Decir, sí, que é un de tantos pobos así apelidados, de la Frontera, nos que pode permanecer algo da mourería aínda sendo recuperados polos cristiáns. Pobo con rúas encaladas e construcciós monumentales, arcos e arcos tapiados, vellos conventos e igrexas, patios e prazas íntimas. Historia e leenda. Nada ten de particular que Federico Moccia, o superventas italián, se namorara do lugar e o escollera pró desenvolvemento da súa última novela, que ven de ser presentada en Vejer según información de La Vanguardia, noticia datada en Cádiz o 8.04.2014

Cádiz, 8 abr (EFE).- El escritor italiano Federico Moccia, fenómeno editorial de la literatura juvenil romántica, presenta mañana "Tú, simplemente tú", en Vejer de la Frontera (Cádiz), la localidad que ha elegido como principal escenario de su nueva novela.

Moccia (Roma, 1963) eligió este pueblo blanco gaditano de calles empinadas tras recorrer el pasado mes de octubre diversas localidades del país que le propusieron sus fans, como Hondarribia (Guipúzcoa) y Vic (Barcelona).

Finalmente, el pasado 18 de marzo su editorial, Planeta, anunció que había seleccionado Vejer de la Frontera como escenario de su nueva novela, que formará parte de la trilogía "Ese instante de felicidad".
En ella, el joven italiano Nicco y la española María culminan la historia de amor de iniciaron en la anterior novela.

En la primera, la joven española viaja de vacaciones a Roma con una amiga, y alí conoce a Nicco, con quien tiene un fugaz romance antes de regresar a España sin despedirse siquiera del italiano.

En la nueva novela, el joven italiano decide viajar a España en busca de María, lo que le lleva a recorrer Madrid, Hondarribia y finalmente, Vejer de la Frontera, el pueblo que sirve de marco de su amor.
Federico Moccia ha explicado que esta nueva novela es "una invitación a vivir con plena conciencia cada instante de felicidad y a no infravalorar los momentos de ligereza, como decía Italo Calvino".



domingo, 6 de abril de 2014

Coidado coas abellas

 Cartel promocional de Greenpeace, na defensa das abellas.
 Apicultor na faena da recollida do mel.
Enxamio laborando nas celas da abellariza. A gran ameaza prás abellas, en Galicia, pode estar fundamentalmente no uso dos agrotóxicos. Fracasada a loita biolóxica contra o defoliante do eucalipto, o gonipterus scutellatus, por medio dunha mosca, a anaphens nitens, tense recurrido á fumigación por medio de avionetas teledirixidas, con resultado negativo, caso denunciado por Alfredo Conde, como se indica neste artículo, o ano no que morreran as abellas da Mahía.  

Pontevedra, 7.04.2014
Entrada n. 1753 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Coidado coas abellas,
por Xesús López Fernández

            Hai xa anos que as abellas e outros insectos polinizadores están a desapareceren en non poucos lugares do mundo, situación que tamén se nota no noso país. A razón da desaparición depende de diversos factores, relacionados cos novos modelos de producción agrícola dos que se deriva unha cadea de impactos a todo nivel. Forma parte desa nova economía agraria, como tamén da preservación das masas boscosas, o aumento sustancial e uso indiscriminado de agrotóxicos, o que ten provocado graves impactos sobre a fauna e sobre o home, sendo as abellas as máis afectadas pola súa mortandade e desaparición.  O 9.06.2003, nun artículo titulado “Noticias de ecoloxía”, recollía un aviso de A.C., coestas palabras: “E algo pode ter que ve-lo asunto co que hai algús días comentaba Alfredo Conde no Correo Gallego, que se as abellas da Mahía morreran todas (decían que se polo uso dun insecticida as flores dos eucaliptos se convertiran en trampas da morte deses insectos). E tamén decía Alfredo que tampouco se sinte ás rás croar ou que morreron as ponlas novas dos seus arces, “porque entrara un mal vento”, según lle comentaran. Un pergúntase se o Seprona foi avisado”.

            Albert Einstein avisou con palabras sabias que nos deben poñer en situación de alerta máxima: “Si as abellas desaparecesen, á Humanidade quedarianlle poucos anos de vida”. Os científicos avisan do feito de que no mundo enteiro están a se quedaren libres as colmeas (trobos, cobos, cortizos, abellarizas, albarizas..), desaparecída-las abellas progresivamente. Sendo que o 80% das especies de prantas teñen flores que dependen das abellas pra seren polinizadas, podemos estar nese “tempo final que presaxiaba Einstein”. Sen ese insecto non teriamos nen froitas nen legumes, porque as pequenas abellas constitúen un eslabón fundamental prá cadea da vida, que sen elas esgazaría.  O seu traballo é vital, como tamén a participación activa nos procesos de rexeneración do mundo vivo das prantas. Este inmenso traballo cíclico prá vida vexetal e as sociedades humáas pode estar  ameazado. 

            Cando en España levan desaparecido seiscentas mil albarizas e nos Estados Unidos quedaron deshabitadas un millón e medio, Alemania leva perdidas un 25% das súas. En Francia, mil apicultores vense obrigados a abandona-la profesión cada ano a causa desta crisis na que os científicos siguen a se moveren en conxeturas do que chaman “o síndrome de colapso das colmeas”.  A campaña contra certos agrotóxicos levada a cabo por Avaaz.org, pra ver de reverti-la situación creada, puido valer pra deborca-la balanza da situación que se estaba a dare en Europa. Así, despois de dous anos de incansables campañas acadaron da Unión Europea a prohibición no 2013 dos pesticidas que están a mataren as abellas, pero parece unha pírrica víctoria xa que a tal prohibición non vai máis alá do 2015. E pra eso foron necesarias máis de 2,6 millós de sinaturas. Ten sido un longo camiño con campañas de opinión, organización de protestas cos apicultores e, por medio dunha abella inflable de cinco metros de altura, foron obxeto de noticia en moitísimos medios.

            Nun informe recén do Corporate Europe Observatory e da Coordinadora Europea da Apicultura responsabílizase ás empresas fabricantes de agrotóxicos como as primeiras culpables da desaparición das abellas, ó que se suma a neglixencia das autoridades pra actuare de forma independente da dita industria. A Sociedade Apícola Uruguaia, que recolle estos e outros informes apunta así, sen citala, á política de “portas xiratorias”, á “conexión” ás veces existente antre os grandes clústers depredadores e as Administraciós… Cando Avaaz.org sigue coas súas campañas prá salvación das abellas, a éstas aparécelles un novo nemigo: a telefonía móvil, ata o punto de que as sinales emitidas por ese medio nunha conversa próxima as desorientan e pódenas incluso levare á morte.