lunes, 23 de febrero de 2015

Ence a debate

Pontevedra, 23.02.2015
Entrada n. 1795 do blog


ENCE A DEBATE;
por Xesús López Fernández

Como consecuencia da sentencia do 19.05.2011, pola que a Audiencia Nacional ordeaba incoa-lo expediente de caducidade da concesión de Ence e a paralización das súas actividades industriales; cando o Tribunal Supremo, en Xullo do 2014, decretaba a desestimación dos recursos de casación de Ence e do Ministerio MARM en tódo-los seus términos, a sentencia do 19.05.2011 cobraba o sentido de firme. Consecuentemente, o Ministerio ordeou incoa-lo expediente de caducidade, como xa se ten dito neste blog.

PODEMOS, pra se achegare á realidade de Ence convocou unha serie de charlas. Coa de Salvemos Pontevedra que agora se anuncia, iníciase o terceiro ciclo. Procurade espallar este aviso. Enterade ó maior número de amigos. 

Gracias.   

martes, 17 de febrero de 2015

Un río que morre, convertido en lodazal.

Marea baixa no río Lérez, que desaparece como consecuencia de andaren a xogar coa dinámica das augas, de ter desecado as xunqueiras, que atraían as augas ou servían como lanzadeira. Esas augas tracexaban o canal central, arestora desaparecido. Ós "ecoloxistas" do Concello faltoulles intelixencia cando tentaron poñer en marcha o PXOM, xa fracasado, porque quixeron e non puxeron en  marcha unha auténtica Axenda21Local, un documento democrático. Este lodazal non se resolve dragando, o que sería solución pra un tempo, pero non a solución definitiva que o río e mai-la ría precisan.

Pontevedra, 17.02.2015
Entrada n. 1794 do blog

Un río que morre, convertido en lodazal,
por Xesús López Fernández

Os directivos do Club Naval din que van sacar lodo do manantial que se ve na foto de Ramón Leiro en La Voz de Galicia. Sigue a noticia dese xornal, do día d´hoxe: "Hasta el gorro de esperar, directivos y socios recogerán lodos". Unha coña. O espectáculo dantesco leva tempos servido, consecuencia dunha traición permanente. Se os socios do Club Naval pensaran máis que no seu barco na ría toda, outro galo cantaría.   

lunes, 9 de febrero de 2015

Expediente de caducidade....

Balsas de decantación da factoría de celulosas, onde un día quixo a empresa ubicar a pranta de papel tisú. Menos mal que Salvemos Pontevedra foi oportuna na ocasión, acabada de nacer, pra denuncia-lo intento de Ence de que a Administración aceptase a definición do espacio, dominio público marítimo terrestre, como innecesario, con vistas a amplia-lo solar gratis total. E Fraga tentando favorece-lo disparate!. A foto corresponde a La Voz de Galicia, 23.01.2015:El Estado halla cuatro nuevas causas para la caducidad de la concesión de Ence.

Pontevedra, 9.02.2015
Entrada n. 1793 do blog 

Expediente de caducidade,
por Xesús López Fernández

Volvo co meu blog, abandonado dend´o 14.12.2014. Estiven mal e decaído. Como no tema Ence pode haber novedades cando está en marcha o expediente de caducidade, dende Salvemos Pontevedra teremos que estar atentos pra que a política de portas xiratorias, a mafia política, non tente renovare unha concesión que, se houbera políticos honestos, hai anos que terían actuado e liberado esta ría da empresa asesina. 

Na nota da xefa de Costas emprázase a unha seria de instituciós: concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Xunta de Galicia e Salvemos Pontevedra, por ser un procedemento incoado por este colectivo o que desencadeou a sentencia da Audiencia Nacional do 19.05.2011 que sentencia "incoa-lo expediente de caducidade da concesión e a fin da actividade industrial.

As catro razós que agora "encontra" o Ministerio estaban xa citadas no  procedemento. Outros grupos poden alegar tamén no periodo agora aberto, sen que se entenda o porqué. 

Mañán ou pasado pode haber novas.